Medalla do Centenario Nórdico-Americano Ouro Swiatek, A. (2012). Páxinas 168-169.150x150px150x150pxA/: Guerreiro viquingo, con casco con cornos, espada e escudo, avanza desde o seu barco. Lendas: NORSE AMERICAN CENTENNIAL / 1825 1925R/: Barco viquingo navegando cara á dereita, con remeiros e vela estendida. Lendas: AUTHORIZED BY CONGRESS OF THE UNITED STATES OF AMERICA / OPUS FRASER / A·D 1000 Data: 1925. Ceca: Filadelfia (sen marca de ceca). Gravador: James Earle Fraser. Aliaxe: ouro (90,0 %) e cobre (10 %). Diámetro: 24,00 mm. Espesor: 2,00 mm. Canto: liso. Tiraxe: 100 exemplares (deles refundíronse 47).
A medalla do Centenario Nórdico-Americano é unha medalla emitida oficialmente pola Casa da Moeda dos Estados Unidos e cuñada en 1925 na Ceca de Filadelfia, en virtude dunha lei do Congreso estadounidense. Emitiuse en conmemoración do centenario da viaxe do barco Restauration, que levou os primeiros migrantes noruegueses aos Estados Unidos, e conta con tres versións con idéntico deseño, en ouro, en prata e en bronce, cada unha cun tamaño diferente.
O representante estadounidense por Minnesota Ole Juulson Kvale, de orixe escandinava, desexaba que existise unha moeda conmemorativa para as celebracións do centenario da viaxe do Restauration, mais ao ser rexeitada a súa solicitude da moeda polo Tesouro dos Estados Unidos, finalmente decidiuse por solicitar a emisión dunha medalla con carácter oficial. O deseño encargóuselle ao escultor James Earle Fraser, coñecido por ser o creador das moedas de cinco centavos Buffalo, e os motivos de ambas as faces recoñecen a herdanza viquinga daqueles inmigrantes, mediante a representación dun guerreiro desa cultura no anverso e do seu barco no reverso. As medallas lembran tamén as primeiras exploracións viquingas de Norteamérica.
Logo de seren autorizadas polo Congreso, a súa produción levouse a cabo na súa maior parte antes das celebracións que tiveron lugar preto de Minneapolis, Minnesota, en xuño de 1925. Só se emitiron 53 en ouro, polo que hoxe son as máis raras e valiosas, en tanto que as cuñadas en prata e en bronce se revalorizaron moito menos. É habitual que se coleccionen como parte das series de moedas conmemorativas dos Estados Unidos.
Antecedentes esquerda|miniatura|O selo de 2 centavos emitido en 1925 con motivo do aniversario presenta unha imaxe do buque Restauration.|180x180px
O 4 ou o 5 de xullo de 1825, o buque Restauration partiu de Stavanger, en Noruega, rumbo aos Estados Unidos con 45 emigrantes a bordo.Blegen, T. C. (1969) . Páxinas 599-601. Logo do que The New York Times cualificou de lendas «bacanais» sobre a súa travesía, a expedición ancorou fronte a unha localidade costeira inglesa e alí comerciaron con parte do seu ron, para despois partir precipitadamente cando os funcionarios locais se interesaron polo asunto. Dise que o xefe da expedición, Lars Larsen, pescou en Madeira un barril que contiña un viño pouco común, do que gozaron moito os pasaxeiros."First Norse Settlers Arrived 100 Years Ago: Centenary at Minneapolis in June Win Commemorate Landing of Pioneer Norwegian Immigrants and Their Work in Building the Northwest". En The New York Times. 12 de abril de 1925.
Á súa chegada a Nova York o 9 de outubro, o barco foi incautado por orde xudicial, xa que o número de pasaxeiros superaba en 21, o permitido para un buque do seu tamaño, contando unha cativa nada en ruta, filla dos Larsen. Ademais, íaselles impor unha multa, mais como os inmigrantes non falaban inglés nin coñecían as leis estadounidenses, o presidente John Quincy Adams ditou un indulto, polo que se liberou o barco e se condonou a multa.Blegen, T. C. (1969) . Páxinas 601, 613-618. Os pasaxeiros asentáronse inicialmente nunhas terras que mercaron preto da beira do lago Ontario, a uns 56 quilómetros de Rochester, Nova York, e foron os primeiros de moitos grupos organizados de emigrantes noruegueses que cruzaron o Atlántico, especialmente cara ao norte e o oeste dos Estados Unidos.Swiatek, A. (2012). Páxina 168.
Inicio Medalla do Centenario Nórdico-Americano Prata "Medal - Norse-American Centennial". Numista.com150x150px150x150px Aliaxe: prata (90,0 %) e cobre (10 %). Diámetro: 29,00 mm. Espesor: Fino: 1,60 mm / Groso: 2,00 mm. Canto: liso. Tiraxe: Fino: 6.000 ex. / Groso: 33.750 ex.
Ole Juulson Kvale era un congresista de Minnesota do Partido Agrario-Laborista, e un orgulloso estadounidense de orixe nórdica."Kvale, O. J.". Nordic. Norwegian-American Digital Catalog (Nordic.luther.edu). Kvale foi membro da Comisión do Centenario Nórdico-Americano, que debía organizar a celebración do centenario da viaxe do Restauration.Swiatek, A. (2012). Páxina 165. Esta celebración era importante para unha comunidade que fora percibida tradicionalmente como antibelicista durante a primeira guerra mundial, e que intentaba amorar tanto o seu orgullo étnico como a súa capacidade de asimilación.Shultz, A. (1991). Páxinas 1.265, 1.267. Kvale, ministro luterano, era tamén membro da Comisión de Moeda, Pesos e Medidas da Cámara de Representantes,"Kvale, Ole Juulson". Biographical Directory of the United States Congress (Bioguide.congress.gov). e en xaneiro de 1925 dirixiuse ao Departamento do Tesouro na procura do seu apoio para lograr a emisión dunha moeda conmemorativa do aniversario, mais a resposta do Tesouro foi negativa.USHRCCWM (23 de xaneiro de 1928). Páxinas 3-4. Naquela época era pouco probable que o Congreso aprobase moedas conmemorativas de grupos étnicos, por mor da polémica suscitada polo medio dólar do tricentenario hugonote-valón de 1924, considerado por algúns como propaganda protestante.Shultz, A. (1991). Páxina 1.287.
O 30 de xaneiro de 1925, Kvale asistiu a unha reunión do Comité de Moeda, na que se tomaba en considerou a proposta de creación do que logo sería o medio dólar do Sesquicentenario de Vermont. Aínda que esta foi aprobada, os responsables do Tesouro amosaron a súa oposición e suxeriron que se emitise unha medalla no canto dela; nesa reunión Kvale fixo varias preguntas sobre a emisión de medallas por parte da Casa da Moeda, xa que se viu interesado por esta cuestión.USHRCCWM (30 de xaneiro de 1925). Páxinas 7-8.
O 3 de febreiro, Kvale e o seu fillo Paul reuníronse con funcionarios do Tesouro para lles presentar un proxecto de lei que autorizaría a Casa da Moeda dos Estados Unidos a cuñar medallas conmemorativas oficiais para o aniversario da chegada do Restauration. A daquela directora en funcións da US Mint, Mary Margaret O'Reilly, e o subsecretario do Tesouro, Garrard Winston, amosáronse escépticos ante a idea de cuñar medallas de prata dun tamaño abranguido entre o do cuarto de dólar e o medio dólar pola confusión que puidesen crear na cidadanía. Para contrarrestar esta preocupación, Paul Kvale suxeriu cuñar a medalla cunha forma octogonal ou hexagonal. O'Reilly e Winston foron favorables a esta idea, e despois de que o congresista Kvale se reunise co asesor xurídico do Tesouro e con outros funcionarios, aseguróuselle o pleno apoio do departamento.
Kvale tamén fixo presión, con éxito, no Departamento de Correos para a emisión dunha serie de selos conmemorativos. Díxolle ao terceiro asistente do director xeral de Correos, Warren I. Glover, que nun sentido máis amplo a medalla recoñecía as exploracións norteamericanas dos viquingos en torno ao ano 1000 da nosa era.Swiatek, A. (2012). Páxina 173. Kvale declarou que, ao solicitar ao mesmo tempo a medalla e os selos, estaba a contribuír ao "crecemento da herdanza norueguesa, ao tela «preservada en metal» e en «cápsulas do tempo» de papel".
Proceso lexislativo miniatura|Ole J. Kvale, promotor da emisión da medalla. O 4 de febreiro de 1925, Kvale presentou na Cámara de Representantes un proxecto de lei para unha medalla nórdico-americana, que o día 10 foi remitido á Comisión de Moeda, Pesos e Medidas."Coinage, Weights, and Measures Committee". En Monthly Catalogue. United States Public Documents. Nº 362. Febreiro de 1925Páxina 536."Public Bills, Resolutions, and Memorials". En Cogressional Record - House. 4 de febreiro de 1925. Páxina 3.030. En nome da devandita comisión, Kvale informou favorablemente o pleno da Cámara o 10 de febreiro. No informe, Kvale declarou que as 40 000 medallas propostas se cuñarían sen gastos para o Goberno, e que os funcionarios do Tesouro apoiaban o proxecto de lei:USHRCCWM (10 de febreiro de 1925).
O 5 de febreiro de 1925, o senador de Dakota do Sur Peter Norbeck tamén presentou un proxecto de lei para unha medalla nórdico-americana, que foi remitido á Comisión da Biblioteca do Senado. O día 6, esta comisión foi eximida da responsabilidade do proxecto de lei, que finalmente se remitiu á Comisión de Banca e Moeda. Norbeck, en nome desta segunda comisión, informou favorablemente e sen emendas o 13 de febreiro,"Reports of Committees". En Cogressional Record - Senate. 13 de febreiro de 1925. Páxina 3.599. e o Senado aprobouno sen obxeccións nin emendas o 18 de febreiro."Medal Commemorating Norse-American Centennial". En Cogressional Record - Senate. 18 de febreiro de 1925. Páxina 4.061.
O proxecto de lei aprobado polo Senado retornou inmediatamente á Cámara de Representantes, onde se remitiu á Comisión de Moeda o 20 de febreiro."Senate Bills Referred". En Cogressional Record - House. 20 de febreiro de 1925. Páxina 4.277. Cando o presidente da Cámara, Frederick H. Gillett, preguntou se había algunha obxección á toma en consideración do proxecto de lei, James T. Begg, de Ohio, quixo saber se había alguén presente que lle puidese dar información ao respecto, e se non a había, oporíase. Kvale afirmou que si que era posible, e cando Begg preguntou se o secretario do Tesouro, Andrew W. Mellon, estaba a favor do proxecto de lei, este aseguroulle ao de Ohio que así era. Kvale fixo que o proxecto de lei aprobado polo Senado substituíse o que el presentara, e recibiu o apoio da Cámara sen obxeccións nin emendas,"Medal Commemorative of the Norse-American Centennial". En Cogressional Record - House. 27 de febreiro de 1925. Páxinas 4.873-4.874. polo que acabou por converterse en lei logo da sinatura do presidente Calvin Coolidge, o 2 de marzo de 1925."An Act To authorize the Secretary of the Treasury to prepare a medal with appropriate emblems and inscriptions commemorative of the Norse-American Centennial". En The Statutes at Large of the United States of America. Vol. XLIII. Part I. Government Printing Office, 1925. Páxina 1.096.
Esta lei establecía un máximo de 40.000 exemplares da medalla, que se cuñarían na Ceca de Filadelfia, a partir de modelos de deseño preparados pola Comisión do Centenario Nórdico-Americano. As medallas entregaríanselle a un axente designado pola comisión, despois de satisfacer o pagamento do custe de produción, e debían someterse ás disposicións do artigo 52 da Lei da Moeda de 1873. Este artigo permitía cuñar medallas de carácter nacional na Ceca de Filadelfia, aínda prohibía ao persoal da ceca facer cuños para medallas privadas,Lei pública 42-131. 12 de febreiro de 1873. e promulgouse despois de se saber que o cuñador xefe da Casa da Moeda de Filadelfia, Franklin Peale, dirixira durante algúns anos un negocio privado de medallas nas instalacións da Casa da Moeda, antes do seu despedimento en 1854.Taxay, D. (1983) . Páxinas 188-190.
Preparación
Kvale esperaba que o seu amigo e compatriota de Minnesota, o senador Henrik Shipsteade, puidese convencer o escultor Gutzon Borglum para que deseñase a medalla sen cobrar honorarios ou por unha cantidade simbólica. Borglum —que deseñara tamén o medio dólar Stone Mountain Memorial e máis tarde esculpiría o Monte Rushmore— estaba ocupado coa construción do Stone Mountain Memorial en Xeorxia e non tiña tempo para aceptar o traballo. Xa que logo, contratouse o escultor James Earle Fraser, membro da Comisión de Belas Artes dos Estados Unidos, por uns honorarios de 1.500 dólares, máis ou menos o habitual para unha moeda conmemorativa.Swiatek, A. (2012). Páxina 166.