Alejandro Muñiz Ruiz, nado en Pontevedra o 24 de maio de 1991, é un árbitro de fútbol galego, que milita na Primeira División. Pertence ao Comité de Árbitros de Galicia.

Traxectoria Empezou a arbitrar aos 15 anos, xunto a catro amigos do instituto Luis Seoane de Pontevedra, e foi subindo polas diferentes categorías, ata chegar en 2013 á Terceira División. Despois dun só ano na categoría, ascendeu á Segunda División B, na que arbitrou durante 5 campañas. Na tempada 2019/20 debutou na Segunda División e foi elixido mellor árbitro da categoría, recibindo o Trofeo Vicente Acebedo da Real Federación Española de Fútbol e o Tofeo Guruceta do diario Marca.

Despois de só dúas tempadas en Segunda, no verán de 2021 conseguiu o ascenso á Primeira División, debutando nun partido entre o Alavés e o Mallorca en Mendizorrotza.

Premios

Trofeo Vicente Acebedo (1): 2021. Trofeo Guruceta de Segunda División (1): 2020.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Datos do árbitro en BDFutbol .

Categoría:Nados en 1991 Categoría:Nados en Pontevedra Categoría:Árbitros de fútbol de Galicia