Mindelo é unha cidade portuariaCabo Verde, Statistical Yearbook 2015, Instituto Nacional de Estatística, p. 32-33 que se atopa na parte norte da illa de São Vicente, é sede do concello homónimo e é a segunda maior cidade de Cabo Verde. Acolle o 93% da poboación da illa.

Historia miniatura|esquerda|Postal antiga de Mindelo de comezos do século XX. En 1793, os portugueses fundaron un asentamento onde hoxe se atopa Mindelo.Génese e desenvolvimento da cidade do Mindelo: a preservação de uma identidade, Fred Yanick Fonseca Delgado, 2016 Inicialmente chamouse Nossa Senhora da Luz, rebautizada como Leopoldina arredor de 1820 en honor da raíña consorte María Leopoldina de Austria. En 1838 foi rebautizada como Mindelo despois do desembarco de 1832 en Mindelo, ao norte do Porto. Converteuse nun depósito de carbón para barcos da Compañía Británica das Indias Orientais en 1838, e despois para a Royal Mail Steam Packet Company en 1850. O asentamento converteuse nunha vila en 1858, e tiña daquela 1 400 habitantes. Converteuse en cidade en 1879, cando tiña 3 717 habitantes. En 1884 colocouse un cable de comunicación submarino entre Europa, África, a India e América do Norte, facendo de Mindelo un importante centro de comunicacións para o Imperio Británico.

Desde principios do século XX o porto de Mindelo perdeu a súa importancia para a navegación transatlántica. As causas disto foron o paso do carbón ao petróleo como combustible para os buques, o auxe de portos competidores como Dakar e as Canarias e a falta de investimento en infraestruturas portuarias. Entre 1910 e 1940 houbo varias folgas en Mindelo, e o 7 de xuño de 1934 producíronse disturbios nas rúas de Mindelo, provocados polo paro e a pobreza. Un home foi asasinado e varios resultaron feridos.Mindelo: entre a Ficção e a Realidade, buala.org

Entre 1940 e 1958, tres períodos prolongados de seca severa, combinados coa erosión do solo e o sobrepastoreo, provocaron fame en Cabo Verde. En todo o arquipélago morreron unhas 45 000 persoas e emigraron 20 000 persoas. Mindelo atraeu inmigrantes, especialmente da veciña illa de Santo Antão, e continuou crecendo.

Mindelo foi a capital cultural do mundo lusófono desde novembro de 2002 ata novembro de 2003.Capital Lusófona 2003 (in Portuguese) Mindelo tamén é considerada a capital cultural de Cabo Verde.

Xeografía Mindelo atópase na baía de Porto Grande, un gran porto natural. A cidade está rodeada de montañas baixas: o monte Cara e o Morro Branco ao oeste, e o Monte Verde ao leste. O río Ribeira de Julião atravesa a vila.

O aeroporto de Cesária Évora atópase a 9 km ao suroeste de Mindelo, preto da aldea de São Pedro. Dende o porto parten os transbordadores para a illa de Santo Antão.

Subdivisións A cidade divídese nos seguintes lugares ou localidades por razóns estatísticas:

Alto Miramar Alto Morabeza Alto Santo António Alto São Nicolau Alto Solarine/Forca Atrás do Cemitério/Sul do Cemitério Bela Vista/Pedreira Campinho Chã de Alecrim Chã de Cemitério Chã de Marinha Chã de Monte Sossego Chê Guevarra Centro de Mindelo/Morada Cruz João Evora Dji d'Sal Fernando Pó Fonte Cónego Fonte Filipe Fonte Françês Fonte Inês/Espia Fonte Meio/Madeiralzinho Fortinho/Escola Técnica Horta Seca Lazareto Matiota Monte/Craca Monte Sossego Pedra Rolada Ribeira Bote Ribeira da Craquinha Ribeira de Julião Ribeira de Passarão Ribeirinha Tchetchênia Vila Nova/Lombo Tanque Zona Industrial Sul Zona Militar

Clima Mindelo ten un clima árido (Köppen: BWh). A temperatura media anual é de 23,6 °C. É moi seco e só recibe uns 100 mm de precipitación anual.

Demografía Segundo o censo de 2010, Mindelo tiña 70 468 habitantes. É a segunda cidade por poboación de Cabo Verde despois de Praia.

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Categoría:Cidades de Cabo Verde