Posada é unha parroquia do concello de Llanes, en Asturias. Dista 8 quilómetros da capital do concello.

Localización Linda ao norte co mar Cantábrico na beira dereita do río Beón; ao sur e suroeste coa parroquia de Caldueñu; ao suroeste coa de Vibañu; ao leste coa de Barru; e ao oeste coas de Naves e Rales. Ten unha extensión de 16,4 km² de terreo maiormente chan, aínda que no seu extremo meridional, no Monte Llabres, acádanse os 715 m de altura.

Demografía

Localidades Abrangue os lugares de Bricia, Lledíes, Piedra, Quintana e Turancias, e a vila homónima, que é o segundo núcleo máis poboado do concello.

Notas

Véxase tamén

Categoría:Parroquias de Llanes