Alexander é un filme documental albanés-estadounidense de 2023 escrito e dirixido por Ardit Sadiku. A historia baséase nun feito notable que ocorreu en 1990 en Albania. Alexander Gruda, un mecánico que fora despedido pola armada pola súa disidencia, secuestra un buque de guerra para garantir a liberdade para el e a súa familia. Estreouse internacionalmente no festival Dokufest de Kosovo o 6 de agosto de 2023, e nos cinemas de Albania o 5 de outubro dese mesmo ano.

Foi escollido como candidato de Albania para o Óscar ó mellor filme internacional na 96ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Filmes de Albania propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 96ª edición dos Óscar

Categoría:Filmes de 2023 Categoría:Filmes en lingua albanesa Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes de Albania Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Ardit Sadiku Categoría:Filmes rodados en Albania Categoría:Filmes rodados en Australia Categoría:Filmes rodados en Montenegro