Natalia Alonso Ramos, nada en Vilaronte (Foz) o 10 de xullo de 1983, é unha xornalista e poeta galega.
Traxectoria É licenciada en Xornalismo pola Universidade de Santiago de Compostela e doutora en Comunicación Audiovisual e Publicidade coa tese A Construción do personaxe esférico no relato televisivo de ficción seriada. O caso House M.D.
Foi redactora na delegación de Antena 3 Televisión en Galicia e en Madrid. Tamén traballou no Xornal de Galicia e en Vieiros.
Traballou como investigadora na Universidade de Santiago e no gabinete de comunicación desta universidade. Foi profesora Estrutura do Sistema Cultural de Galicia no Grao en Ciencias da Cultura e Difusión Cultural da Facultade de Humanidades de Lugo.
Ten colaborado en Signa: Revista de la Asociación Española de Semiótica, Murguía: Revista Galega de Historia e en varios libros colectivos.
Obra Poesía
A síndrome de Hayworth (2019). A Coruña: Medulia. ISBN 9788412057966.
Advertencias para un traxecto boreal (2023). Santiago: Apiario ISBN 978-84-124530-3-4.
Premios 2011: Primeiro premio do VIII Certame Literario do Concello de Ames, por "Desexo".
2019: Premio O Facho por A síndrome de Hayworth. 2022: Finalista do certame de narracións breves Manuel Murguía do Concello de Arteixo. 2022: Premio de Poesía Filomena Dato do Concello de Bergondo por Advertencias para un traxecto boreal.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Web da autora
Categoría:Nados en Foz Categoría:Nados en 1983 Categoría:Xornalistas de Galicia Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega