Grethe Fatima Syéd, nada o 1 de xaneiro do 1968, é unha experta en literatura, tradutora e escritora norueguesa de ascendencia india. Publicou diversas traducións dende o inglés, así como libros de investigación sobre o autor Torborg Nedreaas. A súa primeira obra de ficción, Eventyr for voksne ("Contos de fadas para adultos"), saíu do prelo no 2020.
Traxectoria
Primeiros anos e formación Syéd naceu en Bergen no 1968, filla de pai hindú e nai norueguesa. Graduouse en Literatura Nórdica pola Universidade de Bergen no 2001, cunha tese titulada «Og så veit vi ikkje kva det er!» Dialogisitet i Olav Duuns Samtid ("'Así que non sabemos o que é!' O diálogo na contemporaneidade de Olav Duun"). No 2012, doutorouse pola mesma institución coa tese Nådeløs omsorg. Kjærlighet, selvmord, kunst og overskridelse i Olav Duuns fiksjonsverden ("Coidado implacable: Amor, suicidio, arte e transcendencia no mundo de ficción de Olav Duun").
Carreira Syéd foi profesora asociada da Universidade de Bergen durante varios anos; despois, traballou como escritora e axente literaria. Entre o 2018 e o 2023, foi editora das obras de Olav Duun na editorial Vidarforlaget.
Syéd traduciu ao noruegués a Seamus Heaney, Gertrude Stein, Henry James e Roald Dahl, entre outros. Vida persoal Estivo casada co premio Nobel de Literatura Jon Fosse entre o 1993 e o 2009, período no que empregou o nome Grethe Fosse.
Premios No 2019, o xornal noruegués Klassekampen concedeulle o premio cultural Neshornet polos seus traballos sobre Olav Duun.
Publicacións
Ensaio
Du kan ikke lage en potet. Essay og artikler om litteratur og samfunn ("Non podes cociñar unha pataca: Ensaios sobre literatura e sociedade", 2023). Solum Bokvennen. Xunto con Kjersti Sandvik: Hva snakker vi om når vi snakker om abort? ("De que falamos cando falamos do aborto?", 2021). Solum Bokvennen. En sommer med Nedreaas ("Un verán con Nedreaas", 2019). Solum Bokvennen. Xunto con Hans Petter Gundersen: Et liv i etableringsfasen. Del I: 1963–2008 ("Unha vida en fase de establecemento, parte I: 1936-2008", 2018). Vidarforlaget. Olav Duun. Kunsten, døden og kjærlighetens dikter ("Olav Duun: O poema da arte, a morte e mais o amor", 2015). Vidarforlaget.
Narrativa
Eventyr for voksne ("Contos de fadas para adultos", 2020) Solum Bokvennen.
Traducións
Como Grethe Fatima Syéd
Jean Rhys (2023): God morgon, midnatt. Bokvennen. Gertrude Stein (2017): Kva er engelsk litteratur og andre foredrag. Bokvennen. Roald Dahl (2016): Vemmelige vers. Bokvennen.
Como Grethe Fosse
Marsden Hartley (1999): Signaturar av mangfaldige ting. Solum. David Markson (1999): Lesesperre. Solum. Gertrude Stein (1998): Dikt og tekstar. Samlaget. Les Murray (1997): Midtsommars is. Dikt i utval. Solum. Flann O'Brien (1997): Den tredje politimannen. Solum. John Ashbery (1996): Ei bølgje og andre dikt. Solum. Seamus Heaney (1996): Sansen for plassen og andre essays. Solum. Gertrude Stein (1995): Ida. Samlaget. Henry James (1994): Daisy Miller. Bokvennen. Antoloxía de poemas de Hugh MacDiarmid, Samuel Beckett, Seamus Heaney, Gertrude Stein, William Carlos Williams e John Ashbery (1995): Poetisk modernisme. Samlaget.
Notas
Categoría:Alumnos da Universidade de Bergen Categoría:Nados en 1968 Categoría:Escritores de Noruega Categoría:Tradutores ao noruegués