Broad (1656) "1 Broad - Oliver Cromwell". Numista.com260x260pxA/: Busto de Oliver Cromwell cara á esquerda. Lenda: OLIVARD · G · RP · ANG · SCO · ET · HIB & PRO·R/: Escudo do Reino Unido na época de Cromwell.. Lenda: · 1656 · PAX · QVÆRITVR · BELLO · Data: 1656 Ceca: Royal Mint, Londres. Gravador: Thomas Simon. Metal: ouro (916 milésimas).. Diámetro: 30 mm. Peso: 9,00 g.

O broad é unha moeda inglesa de ouro cuñada inicialmente pola Commonwealth de Inglaterra en 1656, e novamente en 1660 xa a nome de Carlos II, co valor 20 xilins."Broad". En Münzen Lexikon (Reppa.de)."Broad-money". En Martinori, E. (1915). Páxina 46."Broad". En Frey, A. R. (1916). Páxina 34.

O seu deseñador foi, en ambos os casos, o daquela gravador xefe da Royal Mint, Thomas Simon.

Caracterización

Commonwealth de Inglaterra A moeda emitida pola Commonwealth de Inglaterra, logo da guerra civil inglesa, ten un diámetro de entre 29 e 30 milímetros e un peso de entre 9,00 e 9,10 gramos, e está cuñada en ouro cunha pureza de 916 milésimas. No seu anverso represéntase o busto do Lord Protector Oliver Cromwell que se amosa laureado, á maneira dos emperadores romanos. A inscrición latina que o rodea é OLIVAR D G R P ANG SCO HIB &c PRO (Olivarius Dei Gratia Res Publicae Angliae, Scotiae et Hiberniae etc. Protector; galego: "Oliver, pola graza de Deus, protector da República de Inglaterra, Escocia, Irlanda, etc.").

Pola súa banda, o reverso amosa un escudo coroado que representa as armas da Commonwealth, coa inscrición PAX QVAERITVR BELLO ("A paz procúrase a través da guerra").

Consonte algúns investigadores a moeda non chegou a entrar en circulación, senón que foi unicamente unha cuñaxe en proba; con todo, nunha certa cantidade de exemplares áchanse sinais significativos deteren circulado, aínda que non durante moito tempo, tendo en conta a repentina morte de Cromwell o 3 de setembro de 1658."Oliver Cromwell (1656-58), Gold Broad of twenty shillings, 1656". Baldwin & Sons (Bladwin.co.uk).

Carlos II (1660-1685)

Pola súa banda, a proposta de Thomas Simon para o broad a nome de Carlos II amosaba no seu anverso un busto drapeado e laureado do monarca cara á dereita, coa lenda CAROLVS II REX ("Rei Carlos II"), en tanto que o reverso presentaba unha composición cruciforme cos escudos de armas de Inglaterra, Escocia, Francia e Irlanda, coas letras CC coroadas, rodeado pola lenda MAG MALI A·DEI ("Poderosas accións de Deus"), e a data de 1660."1 Broad - Charles II Pattern". Numista.com

Coñécense diversas variantes do broad de Carlos II, creadas tamén por Simon e datadas en 1660 e en 1662. Todas elas foron cuñadas unicamente como moedas de proba, e non chegaron a cuñarse para a súa posta en circulación, xa que o monarca decidiu encomendarlles a confección das súas moedas ordinarias aos irmáns Joseph e John Roettiers, rivais de Thomas Simon na Royal Mint.Sharples, J. "Thomas Simon, Engraver (1618-1665)". Museums Victoria Collections. Notas

Véxase tamén

Bibliografía Carter, E. C. (1929). "A review of the pattern broads of Charles II". En British Numismatic Journal. Vol. 20. Páxinas 207-213. Frey, A. R. (1916). A dictionary of numismatic names; their official and popular designations. American Journal of Numismatics. Vol 50. Lessen, M. (1966). "A summary of the Cromwell coinage". En British Numismatic Journal. Vol. 35. Páxinas 163-172. Martinori, E. (1915). La moneta. Vocabolario generale. Istituto italiano di numismatica, Roma.

Outros artigos Libra esterlina Guinea (moeda)

Categoría:Moedas do Reino Unido Categoría:Moedas fóra de curso Categoría:Moedas de ouro