Tenenisk, nado en Punta Azara, no cabo San Pablo, no século XIX e finado ibídem no inverno de 1924, foi un xamán indíxena do arquipélago de Terra do Fogo, metade selk'nam e metade haush, pertencente ao clan de Punta Azara, situada no cabo San Pablo. Tamén era coñecido como Tininisk, Ténénese, Teneneshk ou Tenenesk, e hispanizado como Ventura.
Foi suxeito de estudo de varios exploradores, xunto con ser un dos últimos xamáns da súa relixión, os cales eran coñecidos como "xo'on".
Traxectoria O terratenente Esteban Lucas Bridges describiuno na súa novela El último confín de la tierra, logo de coñecelo nun territorio de caza arredor de 1895.De porte atlético, ancho de ombreiros aínda que delgado, Tininisk media un metro sesenta e cinco de estatura. A súa mirada de aguia, a súa fronte inclinada cara a atrás e o seu nariz en forma de peteiro dábanlle un aspecto de paxaro de presa que non correspondía á realidade, pois era un home bondadoso e razoable; nos veinte e cinco anos que o tratei, atopeino sempre tranquilo e ben disposto. Nos últimos anos, cando eramos xa máis amigos, gustaba que eu, de brincadeira, lle dixese que el debía ter entre os seus devanceiros un corvo ou unha aguia; e nunha ocasión na que, sinalando a outro indio, lle dixen que quizais ese debía agradecerlle a algún devanceiro parrulo a forma do seu fociño, todos botáronse a rir de boa gana, mesmo a vítima da broma.
Nas sociedades selk'nam dentro da illa, o xamán era unha das persoas con máis prestixio, gañando un respecto temoroso dos seus membros. Nunha ocasión, Bridges preguntoulle a Tenenisk sobre os sus poderes relixiosos, ao cal lle contestou que "a Lúa era en certa maneira propicia a esas cousas; que era posible que un curandeiro contactase con espíritos fóra do alcance dos mortais comúns e mesmo vise cousas que estaban a suceder moi lonxe" e que o seu poder non era estable, dado que nalgunhas ocasións tería forza e noutras non.
A primeira esposa de Tenenisk, Leluwhachin, tamén foi curandeira e pertencía a un grupo indíxena das cadeas de montañas detrás de Harberton e Ushuaia. Ademais, foi a única muller feiticeira que se coñece entre os selk'nam. Pouco se sabe da familia de Tenenisk, a diferenza da de Leluwhachin, a cal está documentada extensivamente. Dado á frecuencia da poligamia na sociedad selk'nam, tamén se documentou unha segunda esposa, Kauxia (hispanizada como Rosa), con quen tivo un fillo, Inxiol (tamén soletreado Hinjiyolh, bautizado como Juan), descrito polo mesmo Bridges como "atlético e ben desenvolvido". Inxiol contraeu matrimonio con Houshken, quen morreu seis meses despois do nacemento da súa primeira e única filla, quen foi criada en gran parte por Leluwhachin e adoptou o nome castelán de Matilde. Inxiol tamén contraeu matrimonio con Warkión (bautizada como María), con quen tivo outra filla, Josilopa, quen foi vítima do xenocidio selk'nam. Pola súa parte, Matilde contraeu matrimonio con Luis Garibalde Honte, mestizo, fillo dunha muller selk'nam e un home italiano.
Entre 1907 e 1908, mentres traballaba como curandeiro na Estancia Harberton, contribuíu aos estudos do coronel e explorador estadounidense Charles W. Furlong.
En 1919, o etnólogo alemán Martín Gusinde entrou en contacto con el, tralo cal escribiu a obra "Los indios de Tierra del Fuego". En 1923, alcanzou a celebrar a cerimonia selk'nam do hain, empregando a pintura facial característica dos xamáns do seu pobo: tres puntos brancos, un en cada tempa e o terceiro no entrecello sobre o nariz. Nesa miesma ocasión, Gusinde foi autorizado a participar e documentar a cerimonia do hain.
Durante os seus últimos anos, Tenenisk europeizouse, aprendendo a falar castelán e inserindo o seu fillo no mundo hispanofalante. Gusinde describiu esta última actividade:O vello Tenenesk e o seu fillo, acompañados por catro homes provenientes do campamento xunto ao lago Fagnano, apareceron na estancia dos irmáns Lawrence en Punta Remolino, xunto á canle Beagle. Tiñan por destino Ushuaia e permaneceron aquí dous días por mor do mal tempo. A intención especial de Tenenesk durante esta viaxe era poñer ao seu fillo ao servizo dun arxentino, para que aprendese moito dos brancos e que ademais lle mandase a miúdo tabaco.
Faleceu no inverno de 1924, vítima dunha epidemia de xarampón, xunto a Kauxia.
Notas
Categoría:Xamáns Categoría:Finados en 1924 Categoría:Pobo selk'nam