, tamén coñecido coma Joseph Tseng, nado o 6 de setembro do 1950 e finado o 10 de marzo do 1990, foi un fotógrafo estadounidense de orixe hongkonesa, aveciñado no East Village durante os oitenta. Foi irmán da bailarina e coreógrafa Muna Tseng.
Traxectoria O seu pai foi un oficial do Kuomingtang que fuxiu de Shanghai no 1949, tras a vitoria comunista na guerra civil chinesa. Tseng naceu no Hong Kong británico ao ano seguinte, e foi considerado un neno prodixio da pintura e da caligrafía chinesas. Cando tiña 16 anos, a súa familia mudouse ao Canadá, onde estudou no St Joseph's College. Despois, estudou pintura na Académie Julian de París, pero abandonouna pola fotografía ao ano seguinte, cando o seu pai lle regalou unha cámara Rolleiflex. No 1979, trasladouse ao East Village, en Manhattan, onde coñeceu aos artistas de vangarda Keith Haring, Kenny Scharf, Jean-Michel Basquiat e Ann Magnuson.
Tseng faleceu por unha enfermidade relacionada coa sida no 1990, acompañado pola súa parella de sete anos, Robert-Kristoffer Haynes. A colección de obras de Tseng atópase no Museo Solomon R. Guggenheim de Nova York e no Museo de Arte Moderna de San Francisco. Foi incluído postumamente no arquivo dixital do Centro de Artes Asiático-americanas.
Obra
Fotografía Tseng formou parte do círculo de artistas do East Village neoiorquino durante os oitenta, xunto con Keith Haring, Kenny Scharf ou Cindy Sherman. As súas obras máis famosas pertencen á súa serie de autorretratos East Meets West ("O este atópase co oeste"), na que aparece vestido cun traxe semellante aos de Mao Zedong e cuns lentes de sol fronte a lugares turísticos famosos. Entre estes, atópanse a Estatua da Liberdade, o cabo Cañaveral, Disneylandia, Notre-Dame de París ou o World Trade Center. Sobre esta serie, indicou:
Tseng realizou preto de corenta mil fotografías do graffiteiro neoiorquino Keith Haring durante os oitenta, mentres traballaba en murais, instalacións e no metro. No 1984, participou coas súas pezas nunha exhibición da obra de Harring na Sempahore East Gallery, titulada Art in Transit ("Arte en tránsito"). Tseng fotografiou a primeira aterraxe dun Concorde no aeroporto internacional John F. Kennedy.
Influencias Segundo a súa irmá, Tseng estivo moi influenciado por Brassaï e Henri Cartier-Bresson. Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Obituario polo pasamento de Tseng Kwong Chi (The New York Times) Documental sobre East Meets West (YouTube)
Categoría:Finados en 1990 Categoría:Nados en 1950 Categoría:Fotógrafos dos Estados Unidos de América Categoría:Historia LGTB