alt=Un gandhabba (dereita) nunha escultura vietnamita do estilo Trà Kiệu (século X)|miniatura|Un gandhabba (dereita) nunha escultura vietnamita do estilo Trà Kiệu (século X) O Gandhabbakāya saṃyutta ou Discursos sobre os gandhabbas é un texto budista do canon pali. Trátase do trixésimo primeiro saṃyutta do Saṃyutta nikāya, e forma parte do Khandha vagga. O seu contido refírese aos gandhabbas, unhas deidades da mitoloxía budista.

Estrutura

Situación no canon pali O Gandhabbakāya saṃyutta forma parte do Khandha vagga, a terceira sección do Saṃyutta nikāya ou Volume dos discursos ligados. Este, á súa vez, é o terceiro dos cinco nikāyas do Sutta piṭaka (Cesto dos suttas), o segundo conxunto de textos do canon pali.

En concreto, o Gandhabbakāya saṃyutta atópase entre o Supaṇṇa saṃyutta (Discursos sobre os garuḍas) e o Valāhaka saṃyutta (Discursos sobre as deidades das nubes).

Composición O libro está composto dun total de 112 suttas. Os suttas do 4 ao 12, do 13 ao 22 e do 23 ao 112 forman están abreviados nun único discurso. +NumeraciónTítulo1Suddhika sutta2Sucarita sutta3Mūlagandhadātā sutta4-12Sāragandhādidātāsuttanavaka13-22Mūlagandhadānūpakārasuttadasaka23-112Sāragandhādidānūpakārasuttanavutika

Contidos O Gandhabbakāya saṃyutta ofrece unha descrición da natureza dos gandhabbas, un tipo de deidades menores da mitoloxía budista, asociados coa música, as plantas e os recendos. Na obra, o Buda explica o nacemento destas criaturas e o seu modo de vida, así como as razóns polas que un pode reencarnarse nelas. Segundo o texto, os gandhabbas son deuses que viven entre árbores fragrantes, nas súas raíces, nas súas cascas, nas súas follas, ou incluso nos seus froitos.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Gandhabbakāya saṃyutta (Sutta Central)

Categoría:Canon pali Categoría:Budismo