Terence Chi-Shen Tao, nado en Adelaida, Australia, o 17 de xullo de 1975, é un matemático australo-americano de orixe chinesa. Traxectoria 150px|miniatura|esquerda|Paul Erdős e Terence Tao (1985). Traballa principalmente nos dominios da análise harmónica, das ecuacións diferenciais parciais, da análise combinatoria, da teoría dos números e da teoría da representación. De 1992 a 1996, Tao fixo o seu doutoramento na Universidade de Princeton baixo orientación de Elias Stein.

En agosto de 2006 recibiu a Medalla Fields, pola súa contribución para o desenvolvemento das matemáticas, sendo a primeira persoa da Universidade de California, Os Ánxeles (UCLA) en recibila. Foi electo membro da Royal Society en 2007.

En febreiro de 2013 foi considerado, pola consultora na área do ensino Super Scholar, unha das dez mentes máis brillantes do mundo, téndolle sido atribuído un IQ de 230 a 250.

Tao é profesor de matemáticas na Universidade de California, Os Ánxeles (UCLA). Realiza un labor divulgador das súas ideas e traballos a través do seu blog.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Teorema de Green-Tao Ligazóns externas

Blog oficial de investigacións

Categoría:Nados en 1975 Categoría:Nados en Adelaida Categoría:Medalla Fields Categoría:Membros da Royal Society Categoría:Alumnos da Universidade de Princeton Categoría:Profesores da Universidade de California, Os Ánxeles Categoría:Premios Princesa de Asturias de Investigación Científica e Técnica Categoría:Personalidades das matemáticas