Aleixo de Abreu, nado en Alcáçovas en 1568 e finado en Lisboa en 1630, foi un médico e patólogo tropical portugués.
Traxectoria Licenciouse en medicina pola Universidade de Coímbra. Debido ao seu notable traballo como médico, foi enviado a Angola, xunto con Afonso Furtado de Mendonça, para estudar as enfermidades, que se crían endóxenas a aquela terra, que parecían estar afectando aos mariñeiros portugueses.
Tras 9 anos en Angola, Aleixo de Abreu converteuse nun recoñecido experto no campo das enfermidades africanas. Escribiu amplos estudos sobre escorbuto, coñecido naquel momento en Portugal como "o mal de Angola", que máis tarde foi incluída no seu Tratado das Sete Enfermidades, publicada posteriormente en 1623. Máis tarde pasou a ser médico na corte do rei Filipe IV.
Notas
Categoría:Nados en 1569 Categoría:Finados en 1630 Categoría:Médicos de Portugal Categoría:Nados no distrito de Évora