Jarinko Chie (xaponés: じゃりン子チエ; lit. "Chie, a tunanta") é unha serie de banda deseñada xaponesa escrita e ilustrada por Etsumi Haruki. Foi publicada pola editorial Futabasha na revista Manga Action entre o 1978 e o 1997, e reunida en 67 volumes, o que a converte no 45.º manga máis longo da historia. Jarinko Chie recibiu o premio Shogakukan no 1981, na categoría de manga para o público xeral.
Sinopse Chie é unha nena con mal xenio que vive nas aforas de Osaca, dominadas pola presenza da yakuza e os seus casinos. Neste perigoso contexto, Chie terá que atender o posto de comidas do seu pai, un xogador empedernido que sempre anda metido en leas. Cun estilo humorístico, o manga narra a tenra relación entre pai e filla.
Personaxes
Chie Takemoto. A protagonista, unha rapaza con mal xenio. Tetsu Takemoto. O pai de Chie, un xogador desempregado. Kotetsu. A mascota de Chie, un gato que destaca pola marca en forma de lúa da súa fronte.
Adaptacións Jarinko Chie foi adaptada en dúas ocasións. Por unha banda, está o filme das produtoras Tokyo Movie Shinsha e Toho, dixirido polo célebre Isao Takahata. Esta película estreouse no Xapón o 11 de abril do 1981. En segundo lugar, houbo unha serie de animación para televisión de 64 episodios, producida tamén por Tokyo Movie Shinsha e dirixida por Takahata. Este anime emitiuse no país nipón entre o 3 de outubro do 1981 e o 25 de marzo do 1983. Unha secuela de 39 episodios emitiuse entre o 19 de outubro do 1911 e o 22 de setembro do 1992.
Videoxogos En total, producíronse dous videoxogos baseados no manga, ningún dos cales se vendeu fóra do Xapón. TítuloVideoconsolaData de publicaciónProdutoraJarinko Chie: Bakudan musume no shiawase sagashi じゃりン子チエ ばくだん娘の幸せさがしFamicom15 de xullo do 1988KonamiSimple Characters 2000 Series Vol. 04: The Hanafuda Jarinko ChiePlayStation29 de novembro do 2001Bandai
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
じゃりン子チエ - Páxina oficial do manga (en xaponés) じゃりン子チエ - Páxina oficial do anime (en xaponés) Jarinko Chie (manga) (en inglés)
Categoría:Manga Categoría:Banda deseñada