Perdida en Irlanda (en ) é un telefilme alemán de 2021 dirixido por Florian Gärtner. O guión escribiuno Beatrice Meier e baséase nunha idea de Melanie Bukowski e Bianca Ritz. No papel pricipal, Andrea Sawatzki interpreta unha muller que vai de intercambio lingüístico a Irlanda e reorganiza a súa vida. O filme estreouse en setembro de 2021 no Festival de Cinema Alemán. Estreouse na televisión alemá o 7 de xaneiro de 2022 na canle Das Erste.

Estreouse en galego o 27 de febreiro de 2024 a través da TVG.

Personaxes Götz Schubert como Max Claire O'Donovan como Gillian Thorsten Merten como Dirk Ella Lee como Amy Sarah Hannemann como Anja Dagmar Döring como Linda Don Wycherley como Shane Axel Werner como Hermann Müller Patrick Güldenberg como Sven Müller Barry McGovern como O’Toole Howard Gibbins como músico de rock

Notas

Categoría:Filmes de 2021 Categoría:Filmes en lingua alemá Categoría:Filmes de Alemaña Categoría:Filmes ambientados en Irlanda Categoría:Filmes de 2021 con versión en galego