O pazo de Antequeira é unha construción civil situada no lugar de Antequeira, parroquia de Oín, no concello de Rois.
Descrición Erixiuse no século XVI e fíxose de estilo barroco no século XVIII, vinculado ós condes de San Xoán. Destaca a escalinata coa súa balaustrada na fachada principal e mais a capela do pazo de estilo barroco compostelán dedicada a San Xoán Nepomuceno, que na portada presenta un relevo do santo e foi restaurada a finais do século XX. O xardín conta con diversas especies, entre as que destaca a faia centenaria. Hai no pazo pombal e mais hórreo e posúe fonte barroca.
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas Turismo.gal Xunta de Galicia.
Antequeira Antequeira