Sonia Vidal Lamas, nada en Xunqueira de Ambía en 1984 é unha gandeira, sindicalista e política galega do Bloque Nacionalista Galego.
Traxectoria Gandeira. Nas eleccións municipais de 2019 encabezou a candidatura de Iniciativa por Xunqueira en Xunqueira de Ambía e foi elixida concelleira.Sonia Vidal Lamas. Iniciativa por Xunqueira (2019). Faro de Vigo . Nas municipais de 2023 encabezou a candidatura do BNG e volveu ser elixida concelleira. Membro da executiva do Sindicato Labrego Galego, foi escollida para formar parte do Comité Coordinador da Coordinadora Europea Vía Campesiña en 2019.Sonia Vidal Lamas escollida para formar parte do Comité Coordinador da Vía Campesina en Europa (28/3/2019). sindicatolabrego.gal. Nas eleccións ao Parlamento de Galicia de 2024 concorreu como número 3 da candidatura do BNG pola provincia de Ourense e foi elixida deputada.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Xunqueira de Ambía Lista de deputados da XII Lexislatura do Parlamento de Galicia Ligazóns externas Martínez (19/4/2019). “A titularidade compartida non se sabe nin que existe, pese a que é un xeito de que a muller cotice no agro” campogalego.gal.
Categoría:Concelleiros de Xunqueira de Ambía Categoría:Concelleiros de Galicia polo BNG Categoría:Concelleiros de Galicia durante a democracia Categoría:Deputados da XII Lexislatura do Parlamento de Galicia Categoría:Nados en Xunqueira de Ambía Categoría:Nados en 1984