Fernando Juan José Quiñones de León de Francisco-Martín, marqués de Alcedo, nado en París o 27 de decembro de 1858 e finado en Exipto en xaneiro de 1937, foi un diplomático e político español.

Traxectoria Fillo de Cayo Quiñones de León Santalla. Levou o título de marqués de Alcedo dende 1891. Político conservador. Diplomático, foi agregado diplomático en Roma (1883) e un ano despois secretario da embaixada. En 1884 destinárono como secretario de segunda clase á embaixada de Atenas, de onde pasou a Lisboa (1888), Bucarest (1889), A Haia (1890) e Estocolmo (1892-1894). Ascendido a secretario de primeira, en 1919 formou parte da delegación española en Constantinopla. Residiu entre Roma e Biarritz. Herdou o pazo de Castrelos do seu fillo Fernando Quiñones de León Elduayen, finado en 1918. Cedeu o pazo á cidade de Vigo o 12 de decembro de 1924. Por este xesto, a petición das institucións de Vigo, o rei concedéulle o título de grande de España.La Provincia, 8-3-1925, p. 1.

Recoñecementos

Foi nomeado fillo adoptivo de Vigo. Vida persoal Casou en 1883 con María de los Milagos Elduayen Martínez, marquesa de Valladares, filla de José Elduayen Gorriti, e foi pai de Fernando Quiñones de León Elduayen. Casou en segundas nupcias en 1891 con Antonia Bañuelos Thorndike, condesa de Bañuelos, e foi pai de Antonia e Isabel Quiñones de León Bañuelos.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Diplomáticos de España

Categoría:Personalidades de Galicia

Categoría:Nados en París Categoría:Nados en 1858 Categoría:Finados en 1937