Silvia Longueira Castro, nada en Brasilia en 1961 é unha xestora cultural e política galega do PSdeG-PSOE.

Traxectoria Licenciouse en Xeografía e Historia na UNED e realizou un mestrado en Medios de Comunicación na UDC.

Carreira profesional. En xaneiro de 2004, foi nomeada directora da Fundación Luís Seoane até 2007 en que colleu un primeiro período de excedencia de tres anos para ser concelleira de Servizos Sociais no concello da Coruña. Trala súa reincorporación, volveu coller unha nova excedencia en 2024.

Creou a primeira empresa de xestión cultura e comunicación de Galicia "Rey de Oros".

Carreira política De 2007 a 2019, foi concelleira de Servizos Sociais do concello da Coruña, conseguindo o desmantelamento do poboado chabolista da Penamoa e da construción do Centro Cultural para o Desenvolvemento Social «Ágora».

Nas Eleccións xerais de 2023, foi como suplente na lista do PSdeG-PSOE ao Congreso dos Deputados encabezada por José Miñones. Nas eleccións ao Parlamento de Galicia de 2024, foi de número tres na lista pola Coruña e saíu elixida polo que pediu unha excedencia na presidencia da Fundación Luís Seoane.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Eleccións ao Parlamento de Galicia de 2024

Categoría:Nados en Brasilia Categoría:Nados en 1961 Categoría:Deputados da XII Lexislatura do Parlamento de Galicia Categoría:Deputados do Parlamento de Galicia polo PSdeG-PSOE Categoría:Alumnos da Universidade Nacional de Educación a Distancia Categoría:Alumnos da Universidade da Coruña