A Comisión de Banca, Vivenda e Asuntos Urbanos do Senado dos Estados Unidos (denominada ata 1970 Comisión de Banca e Moeda) é unha das vinte comisións do Senado estadounidense encargadas de xestionar os asuntos desta cámara relacionados con áreas especializadas de interese lexislativo."About". United States Committee on Banking, Housing, and Urban Affairs (Banking.senate.gov).
A comisión ten competencias sobre asuntos relacionados cos bancos e a banca, o control de prezos, o seguro de depósitos, a promoción e o control das exportacións, a política monetaria federal, a axuda financeira ao comercio e á industria, a amortización de billetes, a moeda e a súa cuñaxe, a vivenda pública e privada, o desenvolvemento urbano, o transporte público e os contratos gobernamentais.
En 2024 está composta por 23 senadores, 12 do Partido Demócrata e 11 do Partido Republicano. O presidente da comisión é o demócrata Sherrod Brown, de Ohio, e o membro de maior rango é o republicano Tim Scott, de Carolina do Sur.
Historia Antecedentes e contexto Esta comisión é unha das vinte de carácter permanente do Senado dos Estados Unidos. Ata 1913, o Senado funcionara sen unha comisión bancaria, en tanto que a Cámara de Representantes constituíra a súa Comisión de Moeda, Pesos e Medidas xa en 1865. Ata entón, os asuntos de banca e moeda derivábanse á Comisión de Finanzas."Senate Banking Committee Established. March 15, 1913". United States Senate (Senate.gov)."A History of the Senate Banking Committee". United States Capitol Historical Society (Capitolhistory.org).miniatura|O senador Robert L. Owen, primeiro presidente da Comisión.|284x284px
Durante os seis anos que seguiron a crise económica de 1907, os líderes de ambas as cámaras do Congreso dos Estados Unidos viron a necesidade dun sistema que impedise que uns poucos grandes bancos de Nova York controlasen a maioría dos activos financeiros do país. Un informe da Cámara de Representantes de febreiro de 1913 sobre este asunto levou o Senado á conclusión de que precisaba a dedicación a tempo completo dunha comisión independente sobre banca e moeda.
Comisión de Banca e Moeda (1913-1970) Neste contexto, en marzo de 1913, cunha maioría demócrata no senado e un presidente tamén demócrata, Woodrow Wilson, acabado de elixir, acordouse a creación da "Comisión de Banca e Moeda do Senado", que se constituíu formalmente o día 22 de maio. O senador Robert L. Owen, de Oklahoma, promotor da Lei da Reserva Federal, foi elixido como o presidente inaugural da comisión.
Ademais da propia Lei da Reserva Federal (1913), o Comité de Banca e Moeda participou na tramitación de varias disposicións clave, como a Lei McFadden (1927), que estableceu a regulación estatal dos seguros e prohibiu a banca interestatal; a Lei Glass-Steagall (1933), que separou a banca comercial da de investimento; a Lei Bancaria (1935), que formalizou o seguro federal de depósitos e converteu a Corporación Federal de Seguro de Depósitos (FDIC) nunha axencia gobernamental; a Lei de Sociedades Posuidoras de Bancos (1956), que someteu estas sociedades á supervisión federal; e a Lei de Fusións Bancarias (1966), que estableceu normas uniformes para que as axencias bancarias, o Departamento de Xustiza e os tribunais avaliasen a legalidade das fusións.
Comisión de Banca, Vivenda e Asuntos Urbanos (dede 1970) O 26 de outubro de 1970, o 95º Congreso decidiu substituír a antiga Comisión de Banca e Moeda pola actual de Banca, Vivenda e Asuntos Urbanos.miniatura|O senador Sherrod Brown, presidente da Comisión a partir de 2021.|250x250pxNeste segundo período da comisión, tramitáronse disposicións tan sinaladas como, entre outras moitas, a Lei de Desregulación e Control Monetario das Institucións Depositarias (1980); a Lei de Igualdade Competitiva Bancaria (1987); ou a Lei para a Unión e o Fortalecemento dos Estados Unidos, mediante a dotación dos instrumentos necesarios para interceptar e obstruír o terrorismo ("Lei USA Patriot", de 2001).
Xurisdición Consonte o artigo XXV do Senado dos Estados Unidos, remítense á Comisión de Banca, Vivenda e Asuntos Urbanos do Senado todos os proxectos de lei, as mensaxes, as peticións de conmemoracións e outros asuntos relacionados cos seguintes temas:"Jurisdiction". United States Committee on Banking, Housing, and Urban Affairs (Banking.senate.gov).
Bancos, banca e institucións financeiras. Control dos prezos dos produtos básicos, alugueiros e servizos. Seguro de depósitos. Estabilización económica e produción de defensa. Fomento das exportacións e do comercio exterior. Control das exportacións. Política monetaria federal, incluído o Sistema da Reserva Federal. Axuda financeira ao comercio e á industria. Emisión e amortización de papel moeda. Diñeiro e crédito, o que inclúe a moeda e a súa cuñaxe. Construción de residencias de anciáns. Vivendas públicas e privadas (incluídas as vivendas para veteranos). Renegociación de contratos públicos. Desenvolvemento urbano e transporte público.
A Comisión de Banca, Vivenda e Asuntos Urbanos do Senado tamén se encarga de "estudar e revisar con exhaustividade os asuntos relacionados coa política económica internacional na medida en que afecte os asuntos monetarios, o crédito e as institucións financeiras dos Estados Unidos, o crecemento económico, os asuntos urbanos e o crédito; así como informar ao respecto".
Presidentes da Comisión Estes son os senadores que ocuparon a presidencia da Comisión, desde a súa fundación en 1913:"History of the Chairmen of the Senate". United States Committee on Banking, Housing, and Urban Affairs (Banking.senate.gov).
Comisión de Banca e Moeda Membro do SenadoPartido políticoEstado reprtesentadoPeríodoRobert L. OwenDemócrataOklahoma1913-1918George P. McLeanRepublicanoConnecticut1919-1926Peter NorbeckDacota do Sur1927-1932Duncan U. FletcherDemócrataFlorida1933-1936Robert F. WagnerNova York1937-1946Charles W. TobeyRepublicanoNova Hampshire1947-1948Burnet R. MaybankDemócrataCarolina do Sur1949-1952Homer E. CapehartRepublicanoIndiana1953-1954J. William FulbrightDemócrataArcansas1955-1959A. Willis RobertsonVirxinia1959-1966John J. SparkmanAlabama1967-1970
Comisión de Banca, Vivenda e Asuntos Urbanos Membro do SenadoPartido políticoEstado reprtesentadoPeríodoJohn J. SparkmanDemócrataAlabama1970-1975William ProxmireDemócrataWisconsin1975-1980Jake GarnRepublicanoUtah1981-1986William ProxmireDemócrataWisconsin1987-1988Donald W. RiegleMíchigan1989-1994Alfonse M. D'AmatoRepublicanoNova York1995-1998Phil GrammTexas1999-2001Paul S. SarbanesDemócrataMaryland2001-2002Richard C. ShelbyRepublicanoAlabama2003-2006Christopher J. DoddDemócrataConnecticut2007-2010Tim JohnsonRepublicanoDacota do Sur2011-2014Richard C. ShelbyAlabama2015-2016Mike CrapoIdaho2017-2020Sherrod BrownDemócrataOhio2021-
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Senado dos Estados Unidos Comisión de Moeda, Pesos e Medidas da Cámara de Representantes dos Estados Unidos
Ligazóns externas
Sitio web da Comisión
Categoría:Senado dos Estados Unidos de América Categoría:Moedas dos Estados Unidos de América Categoría:Política monetaria