A ponte de Nantón é unha ponte sobre o río Albariña, na comarca da Barcala. Sitúase a carón da aldea de Nantón (Sanamede do Monte, A Baña).

Historia

Construíuse no século XIV, e ten un arco de medio punto. O material é de calidade e está ben traballado pero foi bastante alterada posteriormente, co que perdeu parte da súa morfoloxía orixinal. A mediados do século XX construíuse a estrada AC-444, pola que discorre o tráfico pesado, polo que a ponte de Nantón só se utiliza para tráfico agrícola e forestal local. Notas

Categoría:A Baña Nantón Categoría:A Baña sen imaxes