Wish é un filme estadounidense de 2023 dirixido por Chris Buck e Fawn Veerasunthorn. Foi producido por Walt Disney Animation Studios e distribuído por Walt Disney Studios Motion Pictures. O guión foi escrito por Jennifer Lee e Allison Moore, e baséase nunha historia concibida por Lee, Buck, Veerasunthorn e Moore, e producida por Peter Del Vecho e Juan Pablo Reyes Lancaster-Jones, con Lee e Don Hall como produtores executivos. Está protagonizado polas voces de Ariana DeBose, Chris Pine, Alan Tudyk, Angelique Cabral, Victor Garber, Natasha Rothwell, Jennifer Kumiyama, Harvey Guillén, Evan Peters, Ramy Youssef e Jon Rudnitsky. A historia céntrase nunha moza de 17 anos chamada Asha (DeBose) no Reino de Rosas, que fai unha apaixonada súplica ás estrelas nun momento de necesidade, levándoa a coñecer unha estrela viva e máxica que caeu do ceo, e xuntos enfróntanse ao malvado gobernante do reino, Magnifico (Pine).
Personaxes
Ariana DeBose como Asha Chris Pine como rei Magnifico Alan Tudyk como Valentino Angelique Cabral como raíña Amaya Victor Garber como Sabino Natasha Rothwell como Sakina Jennifer Kumiyama como Dahlia Harvey Guillén como Gabo Niko Vargas como Hal Evan Peters como Simon Della Saba como Bazeema Ramy Youssef como Safi Jon Rudnitsky como Dario
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Filmes de 2023 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Chris Buck