Rondon tō (xaponés: 倫敦塔; lit. "A torre de Londres") é unha novela curta do escritor nipón Natsume Sōseki (1867-1916), publicada no 1905. Apareceu orixinalmente na revista literaria Teikoku bungaku 帝国文学 ("Literatura imperial"). A obra baséase nas impresións do autor sobre a Torre de Londres durante o seu período como estudante no Reino Unido.
Historia alt=Fotografía da torre de Londres.|miniatura|Fotografía da torre de Londres.|esquerda Entre agosto do 1910 e decembro do 1902, Sōseki estivo no Reino Unido como estudante de inglés, enviado polo Ministerio de Educación xaponés. Durante esta época viviu a meirande parte do tempo en Londres, onde tivo a oportunidade de realizar unha visita á devandita torre, que constituiría a inspiración para a súa novela. Porén, o propio autor sinalou que os seus contidos son principalmente ficticios.
Segundo Sōseki, a torre de Londres condensa toda a historia de Inglaterra. A obra fai referencia a personaxes coma Thomas Cranmer (1489-1556), Thomas Wyatt o Novo (1521-1554) ou Walter Raleigh (1552-1618), que foron executados na torre. Tamén fala sobre os fillos de Eduardo IV (1442-1483), Eduardo V (1470-1483) e Ricardo (1473-1483), así como de Jane Grey (1537-1554). Neste sentido, diferénciase da súa opera prima Wagahai wa neko de aru (1905), unha novela satírica.
Rondon tō forma parte dunha serie de títulos inspirados na visita de Sōseki ao Reino Unido, e que o autor foi publicando tras o seu regreso ao Xapón no 1903.
Sinopse Rondon tō narra a historia dun estudante xaponés de intercambio que visita a torre de Londres. Dende a súa perspectiva, preséntase ao lector a historia de Inglaterra e das personaxes relacionadas co edificio. A obra conta cunha atmosfera pesimista e lúgubre, como se reflicte na seguinte pasaxe:
Traducións En castelán La Torre de Londres, seguido de El museo Carlyle (2013). Tradución de Fernando Ortega. José J. de Olañeta, Editor.
En inglés The Tower of London: Tales of Victorian London (1997). Tradución de Damian Flanagan e Fūtarō Yamada. Peter Owen.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Texto completo en xaponés (Aozora Bunko)
Categoría:Novelas ambientadas en Londres Categoría:Literatura en lingua xaponesa Categoría:Literatura do Xapón Categoría:Obras literarias de Natsume Sōseki