Cantata do Deza é un EP que reproduce a cantata de título homónimo escrita por Fernando Vázquez Arias, con letra de Armando Vázquez, para coro e orquestra de corda, frauta e piano. Trátase dunha obra en seis movementos que se denominan Deza, Trasdeza, Agolada, Carbia, Camba e Dozón.
Dirixida polo propio compositor, foi interpretada pola Camerata Musical de Porto, o Coro e Orquestra de Lalín, acompañados polo Coro de Cámara Ars Musicae e foi gravada en directo o 17 de maio de 1991 coincidindo coa inauguración do auditorio municipal de Lalín. É a décimo cuarta casete da colección Fonoteca 92, foi publicado en 1992 pola Editorial Compostela de El Correo Gallego.
Lista de cancións
Notas
14 Categoría:Cantatas