Francisco Bermúdez de Sotomayor, nado en Roma en 1806 e finado en Madrid o 20 de xullo de 1886, foi un arqueólogo, numismático, orientalista e lingüista español, director do Museo Arqueolóxico Nacional entre 1884 e 1886.

Traxectoria

Francisco Bermúdez de Sotomayor, nado en Roma en 1806, realizou os cursos preparatorios para o ingreso na Facultade de Farmacia e mesmo chegou a iniciar a carreira, aínda que axiña a abandonou para se dedicar ao estudo de linguas orientais, primeiro o grego, o latín, o árabe e o hebreo, e anos despois o chinés e o xeroglífico do Antigo Exipto.Maier Allende, J. "Francisco Bermúdez de Sotomayor". Real Academia de la Historia (RAH.es). Tamén estudou taquigrafía, e en 1830 acadou unha bolsa de estudos para se desprazar a París e perfeccionar a lectura e a escrita chinesas.Martín Escudero, F. (2019). Páxina 259.

O 1 de abril de 1837 foi un dos fundadores da Sociedade Numismática Matritense —chamada a partir do 4 de decembro de 1839 Sociedade Arqueolóxica Matritense e Central de España—, xunto con Basilio Sebastián Castellanos de Losada e outros intelectuais, e o ano seguinte ambos publicaron conxuntamente a obra Galería Numismática.Martín Escudero, F. (2019). Páxina 260.Papí Rodes, C. "Francisco Bermúdez de Sotomayor". Museo Arqueológico Nacional (MAN.es).Véxase "(1938-1939)" en "Publicacións".

Logo dun breve período en 1840 dedicado á docencia, tanto de numismática como de taquigrafía, o 16 de xuño de 1841 ingresou no Museo de Antigüidades da Biblioteca Nacional, como axudante do seu conservador, o seu amigo Castellanos de Losada.Martín Escudero, F. (2019). Páxina 261. En 1844, ambos reformaron novamente a Sociedade Arqueolóxica Matritense, que pasou a chamarse Academia Española de Arqueoloxía, da que Bermúdez de Sotomayor foi vicepresidente.

Na década de 1850 accedeu á cátedra de Lingua Árabe e de Taquigrafía na Universidade Central,Martín Escudero, F. (2019). Páxina 262. e nesa época tamén impartiu clases de árabe no Ateneo de Madrid. En 1856 sucedeu a Castellanos de Losada no posto de conservador do Museo de Antigüidades da Biblioteca Nacional.

O 21 de marzo de 1863, Bermúdez de Sotomayor ingresou como funcionario do Corpo Facultativo de Arquiveiros e Bibliotecarios, e o seu primeiro destino foi a Biblioteca Universitaria e Provincial de Sevilla, onde tomou posesión o día 11 de abril dese ano.

Ao pouco de se crear, mediante un Real decreto do 20 de marzo de 1867,"Real Decreto de 20 de marzo de 1867, de creación del Museo Arqueológico nacional y museos Provinciales". Gaceta de Madrid. 21 de marzo de 1867. o Museo Arqueolóxico Nacional, foi destinado a esta institución, dirixida por Pedro Felipe Monlau, quen lle encomendou a xestión do traslado a esta da colección do Museo de Antigüidades da Biblioteca Nacional. En 1868 foi nomeado xefe da sección de Numismática do novo museo, cargo que ocupou ata 1881. Tamén en 1868, ocupou a cátedra de Numismática na Academia Española de Arqueoloxía, mais ese mesmo ano a Academia foi disolta e os seus fondos pasaron ao Museo Arqueolóxico Nacional.

En 1881, Bermúdez de Sotomayor foi nomeado director do Museo Arqueolóxico Nacional, cargo que ocupou ata o seu falecemento en 1886. Nos anos que exerceu primeiro a dirección da sección de Numismática e despois a propia institución, Bermúdez contou no seu equipo, entre outros, con Basilio Sebastián Castellanos de Losada e Juan de Dios de la Rada y Delgado, que serían, respectivamente, os seus sucesores na dirección do Museo Arqueolóxico Nacional.

Francisco Bermúdez de Sotomayor finou en Madrid o 22 de xullo de 1886, logo dunha grave doenza que padeceu durante varios meses.

Publicacións

(1838-1839). Galería numismática universal o colección de monedas, medallas y bajos relieves, antiguos y modernos (con B. Castellanos e P. González Mate). Compañía Tipográfica, Madrid. (1840). Lecciones de taquigrafía: dirigidas a los alumnos de este arte [...]. I. Sancha, Madrid.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Martín Escudero, F. (2019). "Francisco Bermúdez de Sotomayor (1806-1886): un numismático andalusí poco reconocido ". En Carretero Pérez, A. et al. 150 años de una profesión: De anticuarios a conservadores. Vol. 2. Universidad Complutense de Madrid. Páxinas 258-269. ISBN 9789200145643. Otero Morán, P. (2009). "Bermúdez de Sotomayor, Francisco". En Díaz Andreu, M. et al. (coor.). Diccionario Histórico de la Arqueología en España. Madrid. Páxinas 128-129. ISBN 9788496467453

Categoría:Nados en Roma Categoría:Nados en 1806 Categoría:Finados en 1886 Categoría:Arqueólogos de España Categoría:Numismáticos de España Categoría:Lingüistas de España Categoría:Directores de museos Categoría:Museo Arqueolóxico Nacional de España Categoría:Catedráticos da Universidade Central de Madrid Categoría:Arquiveiros de España Categoría:Arquivos Categoría:Bibliotecarios Categoría:Orientalistas