Durante a tempada 1940/41 o Deportivo da Coruña competiu na Segunda División, conseguindo o ascenso á Primeira División por primeira vez na súa historia.

Resumo da tempada Despois de quedar preto de conseguir o ascenso na tempada anterior, a afección do Deportivo da Coruña viviu un rexurdir, acadándose a histórica cifra de 5.500 socios no verán de 1940. Co fin de chegar por primeira vez á Primeira División, o club realizou varias fichaxes destacadas, comezando polo regreso do histórico Hilario, que exercería como xogador-adestrador, aos que se sumaron tres futbolistas cataláns (Montserrat, Muntaner e Pascual), así como o centrocampista asturiano Molaza. En outubro pechouse a adquisición do dianteiro navarro Elícegui, xogador polo que se lle pagaron 50.000 pesetas ao Atlético de Madrid e que acabaría sendo determinante ao longo da tempada.

Na segunda xornada de liga, antes aínda da chegada de Elícegui, o Deportivo demostrou xa o seu potencial ofensivo, cunha das maiores goleadas da súa historia, un 9-0 contra o Barakaldo Oriamendi en Riazor, tras unha destacada actuación de HIlario e do capitán Chacho. Xa coa dianteira habitual formada por Elícegui, Breijo, Chao, Guimeráns e Chacho, fóronse sucedendo as goleadas ao longo da tempada, conseguindo ata en tres ocasións un resultado de 7-0. O equipo acabou a liga regular como o conxunto máis goleador (75 tantos) e tamén como o menos goleado, despois de que os rivais perforasen só 26 veces a portería que defendía case sempre Acuña, secundado habitualmente na defensa por Montserrat e Novo e en ocasións polo emerxente Pedrito.

O Deportivo comezou a segunda fase do campionato cunha nova goleada, un 6-0 sobre o Castellón en Riazor, pero dúas derrotas ante a Real Sociedad e outra no partido de volta contra o Castellón, condenaron o equipo coruñés á terceira posición e a xogar a promoción de ascenso contra o Murcia, pechacancelas da Primeira Posición. O histórico partido disputouse no antigo campo de Vallecas e o Deportivo formou con Acuña na portería, Novo e Pedrito na defensa, Molaza, Muntaner e Reboredo no medio do campo e como atacantes os cinco antes mencionados: Elícegui, Breijo, Chao, Guimeráns e Chacho. O encontro comezou con dominio murciano que se traduciu nun gol de Tito á media hora de xogo. Na segunda metade o Deportivo fíxose co control do partido e empatou por medio de Chacho, forzando a prórroga. Guimeráns colocou o 2-1 ao pouco de comezar o tempo adicional e o club galego conseguiu manter o resultado ata o final grazas ás cruciais intervencións do gardameta Acuña, conseguindo así o primeiro ascenso á Primeira División da súa historia.

Persoal

Corpo técnico CargoNomeAdestrador Hilario

Xogadores PosNacNomeSegunda DivisiónPromociónCopaTotalApsGolesApsGolesApsGolesApsGolesPORAcuña2401000250POROmist40002060DEFMontserrat2500000250DEFNovo2001020230DEFPedrito1001020130DEFNeira41001051DEFRodríguez10000010DEFSuárez00000000MEDMolaza2501010270MEDReboredo2301010250MEDHIlario2050020225MEDMuntaner1101000120MEDQuintas1020010112MEDCela30001070MEDMayoral40002060MEDPascual20000020MEDChispa10000010MEDCholas10000010MEDManolito Vázquez00001010DIAChao261810102818DIABreijo241010102610DIAElícegui243010112631DIAChacho221111102412DIAGuimeráns201211212314DIAPintos10000010DIAMarcos00000000

Clasificación

Primeira fase PosEquipoXGEPGFGCDGPtsNotas1.Real Sociedad2216247339 +3434Clasificación para a fase final2.Deportivo da Coruña2214537526+49333.Sporting de Gijón2213365038 +12294.Racing de Ferrol2211474936 +13265.Osasuna2211294445−1246.Racing de Santander229494240 +2227.Salamanca2266103246−14188.Arenas de Getxo2282122848−20189.Real Unión2265113758−211710.Valladolid2272133950−111611.Barakaldo Oriamendi2256114157−1616Promoción de permanencia12.Stadium Avilesino2227132754−2711Descenso á Terceira División 1941/42

Fase final PosEquipoXGEPGFGCDGPtsNotas1.Granada6402101008Ascenso á Primeira División 1941/422.Real Sociedad63031511 +463.Deportivo da Coruña63031511+46Promoción de ascenso4.Castellón6204917−84

Partidos

Pretempada e amigables

Segunda División

Primeira fase

Fase final

Promoción a 1ª

Copa do Xeneralísimo

Notas

1939 Categoría:Fútbol en 1940 Categoría:Fútbol en 1941