Sanirión (en latín Sannyrion, en grego antigo Σαννυρίων) foi un poeta cómico ateniense dos últimos anos da comedia antiga e do inicio da comedia media. Foi contemporáneo de Diocles de Fliúnte e Fililio, segundo Suídas. Traxectoria Foi un dos que ridiculizou a pronuncia do actor Hexeloco nunha representación do Orestes de Eurípides, obra publicada no -408, e debía estar a comezar a súa carreira teatral cara ese ano. Algúns autores propoñen que viviu ata --370.

Sanirión tamén foi ridiculizado por Estratis na súa obra Κινησίας ("Kinesías"), e por Aristófanes no Γηρυτάδης (Gerytades), onde el, Meleto e Cinesias son enviados como embaixadores dos poetas ao Hades polo seu escaso peso, xa que os tres estaban moi delgados.

Suídas dá algúns títulos das súas comedias:

Τέλως (Telos "propósito"). Δαναη (Danae). Ἰώ (Ío). Ψυχασταί Psychastai.

Eudocia Makrembolitissa engade Σαρδανάπαλλος (Sardanàpalus)Sannyrion en: William Smith (editor), A Dictionary of Greek and Roman Biography and Mythology. Vol. III Boston: Little, Brown & Comp., 1867, p. 706.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Public and performance in the Greek Theatre de Peter D. Arnott

categoría:nados en Atenas Categoría:Nados no século -V Categoría:Finados no século -IV Categoría:Escritores en lingua grega antiga Categoría:Comedia