O Día Internacional do Libro Infantil ou Día Internacional do Libro Infantil e XuvenilEn inglés o nome oficial é International Children's Books Day, pero en linguas románicas é habitual acrecentar "infantil e xuvenil", tal como é anunciado por exemplo na páxina do Consello da Cultura Galega. (International Children's Book Day ICBD) é un evento anual patrocinado pola International Board on Books for Young People (IBBY), unha organización internacional sen ánimo de lucro. Fundado en 1967, o día celébrase no día do aniversario de Hans Christian Andersen, o 2 de abril. As actividades inclúen concursos de redacción, anuncios de premios de libros e actos con autores de literatura infantil.

Historia En 1966, a escritora alemá, fundadora do IBBY, Jella Lepman, propuxo o 2 de abril para a celebración anual dun día internacional que conmemorase a literatura infantil e xuvenil, coincidindo coa da de nacemento do escritor danés de literatura para nenos, Hans Christian Andersen. A primeira celebración foi no 2 de abril de 1967 e Lepman pronunciou o discurso inaugural.

Cada ano, unha sección nacional diferente do IBBY ten a oportunidade de ser o patrocinador internacional do ICBD. Decide sobre un tema e convida a un autor destacado do país anfitrión a escribir unha mensaxe para os nenos do mundo e a un ilustrador coñecido para que deseñe un póster ou cartel. Estes materiais utilízanse de diferentes xeitos para promover os libros e a lectura. Moitas seccións do IBBY promoven o ICBD a través dos medios de comunicación e organizan actividades en escolas e bibliotecas públicas.

Actividades miniatura|Tere Marichal, narradora oral de Porto Rico, recitando o conto da tradición afro-caribeña Anansi, na Biblioteca Juvenil de Mayagüez durante unha actividade do International Children's Book Day. Moitas veces, o ICBD está ligado a celebracións arredor dos libros infantís e outros eventos especiais que poden incluír encontros con autores e ilustradores, concursos de redacción ou anuncios de premios de libros.

Véxase tamén

Outros artigos

Asociación Galega de Profesionais da Ilustración Banda deseñada Bululú Conto de fadas Día do Libro Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil IBBY Premio Hans Christian Andersen Premio Jules Verne Premio Memorial Astrid Lindgren Premio Merlín

Categoría:Celebracións do día Categoría:Literatura infantil e xuvenil