alt=Manuel Rivero Pérez nunha conferencia sobre Aurora Sampedro no Canteiro, escola onde comezou a frmarse Aurora.|miniatura|Manuel Rivero Pérez nunha conferencia sobre Aurora Sampedro no Canteiro, escola onde comezou a formarse Aurora. Manuel Rivero Pérez, nado en Vilela (Os Baños, Bande) o 11 de decembro de 1953, é un escritor galego.

Traxectoria

A súa formación académica abrangue a licenciatura en Socioloxía, en Antropoloxía, en Ciencias Políticas e experto sociolaboral, como alumno da Universidade Nacional de Educación a Distancia. Graduado Social pola Universidade de Santiago de Compostela, doutorouse en Humanidades pola Universidade da Coruña. Ademais, cursou un mestrado en Recursos Humanos (CEREM) e é European Financial Advisor pola EFPA, pasando tamén polo Instituto de Estudios Financieros, Instituto de Empresa e o IESE. Comezou a súa vida laboral como funcionario de correos, pasando logo ó BBVA e chegando a ocuparse da área de formación da zona noroeste, onde rematou a súa vida laboral.

Ten colaborado, entre outros, con Revista de Folklore, Piedras con Raíces, Argutorio, Astórica, Agália, Lethes, Arraianos, Arquiverna, Porto dos Cavaleiros, Auria, El Faro, El Pensamiento Astorgano, Astorgaredacción ou Galicia Dixital.

Obra De Roncesvalles a Compostela: un recorrido por valores, habilidades, recursos y actitudes, 2006. ISBN 978-84-611-3947-7. Las claves del autodesarrollo, del desempeño eficaz y del liderazgo, 2008. ISBN 978-84-612-1802-8. El ilímite del potencial humano (en colaboración con Iago Santalla), 2011. ISBN 978-84-614-6518-7. Universo Aurora Sampedro Piñeiro, 2023. ISBN 978-84-125561-8-6. Eugenio Montes. O intelectual silenciado, 2024. ISBN 978-84-16643-60-8. Notas

Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega

Categoría:Nados en Bande Categoría:Nados en 1953

Categoría:Alumnos da Universidade Nacional de Educación a Distancia Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Alumnos da Universidade da Coruña