Elina Molins Fernández, nada en Vigo en 1875 e finada na mesma cidade en xuño de 1956, foi unha pintora galega.
Traxectoria Filla do comerciante Pedro Mártir Molins Pascual e de Emma Fernández Chao, sendo nena, trasladouse a Londres, a estudar na La Sainte Union Catholic School. De volta, tomou leccións de pintura con Francisco Pradilla (o seu padriño), que pasaba temporadas en Vigo por estar casado con Dolores González Villar, filla do práctico do porto da cidade. Formouse tamén co sevillano José García y Ramos e co soriano Maximino Peña.
En 1899 casou e deixou de participar en exposicións. O marido, o comerciante Ramón Menacho Miranda (1865-1916), que era propietario do chalé La Chicharra, en Rande,En . Nesa casa rodouse o filme Carmiña, flor de Galicia (1926). montou un negocio de subministración de carbón para buques, na Ría de Vigo. Menacho morreu prematuramente por unha anxina de peito.
Elina finou en Vigo en xuño de 1956, aos 80 anos de idade.La Noche, 15/6/1956, p. 7 O total da súa obra pictórica está en mans particulares, da familia.
Recoñecemento póstumo A Pinacoteca Francisco Fernández del Riego exhibiu obra súa, canda a da súa curmá Blanca Chao Sedano, filla de Alejandro Chao, nunha exposición temporal, de 73 pezas (incluíndo pinturas, documentos, fotografías…), titulada Pinceladas do esquecemento, artistas viguesas no século XIX. Inicialmente prevista do 28 de xullo de 2023 ao 21 de xaneiro de 2024 e despois ampliada ata o 24 de abril, foi comisariada por José Luís Mateo Álvarez.Pinceladas do esquecemento. Elina Molins e Blanca Chao. Artistas viguesas no século XIX Concello de Vigo. Nos actos asociados, o alcalde Abel Caballero manifestou a intención de dedicarlle o nome dunha rúa da cidade.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Outros artigos Blanca Chao Sedano Ligazóns externas
Categoría:Pintores de Galicia do século XIX Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1875 Categoría:Finados en 1956 Categoría:Artigos creados co asistente para a creación de artigos