Salvador Pérez-Labarta Pillado, nado en Ribadeo o 25 de maio de 1909 e finado na provincia de Lleida o 10 de novembro de 1938, foi un xornalista e político galego.

Traxectoria Fillo de Salvador Pérez Labarta, farmacéutico de Ribadeo, e Remedios Pillado Miranda, dona do pazo de Grallal. Fixo o bacharelato en Lugo. Membro da Juventud Católica de Viveiro, foi director de Heraldo de Vivero en 1929.Correo de Galicia, 22-12-1929, p. 10. Na República foi correspondente de Alborada en Viveiro, onde publicou varios artigos. Militante do Bloque Nacional, foi elixido presidente do comité de Viveiro en decembro de 1935.Alborada, 28-12-1935, p. 1. Despois afiliouse a Falange.

Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi nomeado alcalde de Viveiro a principios de agosto.El Progreso, 5-8-1936, p. 4. Cesou ao pouco tempo para marchar á fronte. Fíxose alférez provisional de Infantería na Academia de Granada, participou nalgúns combates e foi ferido, retornando a Lugo onde estivo hospitalizado. Colaborou en El Pueblo Gallego, Martín Codax, Imperio, Cartel, e deu un ciclo de "charlas nacionalsindicalistas" en Radio Lugo.El Progreso, 14-7-1937, p. 4. Licenciouse en Dereito na Universidade de Santiago de Compostela en xaneiro de 1938.El Pueblo Gallego, 25-1-1938, p. 7. Volveu á fronte como oficial da Lexión Española o e morreu na fronte do Segre o 10 de novembro de 1938.El Progreso, 15-11-1938, p. 1.

O seu irmán José María Pérez-Labarta Pillado, que ao mando dun grupo de falanxistas asaltou os locais de Unión Radio de Valencia o 10 de xullo de 1936, foi detido, xulgado e condenado a morte, sendo fusilado en Valencia o 30 de decembro de 1936.

Recoñecementos

O concello de Viveiro deulle o nome Hermanos Pérez Labarta a unha rúa en Covas en 1943,El Progreso, 31-10-1943, p. 4. e colocou no salón de sesións unha lápida de mármore na súa honra. Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Xornalistas de Galicia

Categoría:Falanxistas Categoría:Alcaldes de Viveiro

Categoría:Alcaldes de Galicia durante o franquismo e a transición

Categoría:Nados en Ribadeo Categoría:Nados en 1909 Categoría:Finados en 1938