miniatura|250px|Masaxe tailandesa. A masaxe tailandesa tradicional é unha terapia tradicional que combina masaxe de acupressión, os principios indios ayurvédicos e posturas do ioga. En lingua tailandesa, coñécese como nuat phaen thai (en , [nûa̯t pʰɛ̌ːn tʰāj]; literalmente 'masaxe tailandesa tradicional') ou nuat phaen boran (en , [nûa̯t pʰɛ̌ːn bōːrāːn]; literalmente 'masaxe ao estilo antigo'), aínda que o seu nome formal é nuat thai (en , [nûa̯t tʰāj]; literalmente 'masaxe tailandesa') segundo a Lei de profesións médicas tradicionais tailandesas, BE 2556 (2013).Traditional Thai Medical Professions Act, BE 2556 (2013).
A UNESCO engadiu a masaxe tailandesa tradicional na súa lista de Patrimonio Cultural Immaterial da Humanidade en decembro de 2019.
Efectividade Todos os tipos de masaxe, incluída a masaxe tailandesa, poden axudar ás persoas a relaxarse, aliviar temporalmente a dor muscular e/ou articular e mellorar temporalmente o estado de ánimo dunha persoa. Porén, as afirmacións de moitos profesionais van moito máis alá dos efectos ben demostrados polos estudos clínicos. Algúns médicos cuestionan a súa eficacia.
Notas
Categoría:Terapia de masaxes Categoría:Cultura de Tailandia Categoría:Patrimonio Cultural Inmaterial da Humanidade