Antonio Ferreira López, nado en Lobios 22 de marzo de 1944Hoy cumplen años, é un político galego do PSdeG-PSOE.
Traxectoria Estivo emigrado en FranciaLa Voz de Galicia, 6-11-1990, p.36.. Xa retornado, nas eleccións municipais de 1987 encabezou a candidatura do PSdeG-PSOE en Lobios e foi elixido alcalde grazas ao apoio de ADEI, CPG e CDS. Porén, a ruptura do pacto de goberno conduciu a unha moción de censura en novembro de 1990 na que os seus anteriores socios apoiaron como alcalde ao concelleiro de Centristas de Galicia Leandro RodríguezLa Voz de Galicia, 4-11-1990, p.26.. Nas municipais de 1991 encabezou de novo a candidatura do PSdeG-PSOE e recuperou a alcaldía con maioría absoluta. Durante o seu mandato iniciouse o proxecto do Museo Numismático de Lobios.
Nas municipais de 1995 perdeu a alcaldía tras logra-lo PPdeG a maioría absoluta. Volveu encabeza-la candidatura do PSdeG nas municipais de 1999 mais non logrou recupera-la alcaldía, permanecendo como portavoz do grupo socialista na oposición ata o final do mandato en 2003, tralo cal se retirou da primeira liña política.
En marzo de 2025 recibiu unha homenaxe do PSdeG na IV edición de ConMemora, xunto á histórica socialista de Bande Maribel Santos Pérez.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Lobios
Categoría:Alcaldes de Lobios Categoría:Alcaldes de Galicia polo PSdeG-PSOE Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en 1944 Categoría:Nados en Lobios Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes