Antonio Otero Coira, finado en Vigo en marzo de 1961, foi un empresario e editor galego.

Traxectoria Empresario de Vigo. En 1933 era director do centro de cobros Veritas.El Pueblo Gallego, 3-2-1933, p. 8. En 1937 fundou e dirixiu a revista Cartel en 1937, e en xullo dese ano creou a Librería Editorial Cartel, para publicar unha colección de novela, "La Novela Nueva", que iniciou con Romance de amor y guerra de Ana María Díaz,El Pueblo Gallego, 21-7-1937, p. 3. e continuou con Así como fue e Leyenda de aldea, anunciando en outubro a convocatoria dun concurso de novela breve.La Región, 31-10-1937, p. 1. Dono de Establecimientos Otero. En 1953 fixo unha proposta ao Concello de Vigo para solucionar o problema do transporte na cidade.La Noche, 23-4-1953, p. 2. Finou en Vigo en marzo de 1961.El Pueblo Gallego, 15-3-1961, p. 2.

Vida persoal

Casou con María Luisa Ocaña Fernández, filla de Fernando Ocaña Larrín, en setembro de 1932,El Pueblo Gallego, 27-9-1932, p. 7. e foi pai de María Luisa, Ignacio, Fernando, Enrique e Cristina Otero Ocaña.

Notas

Categoría:Empresarios de Galicia Categoría:Editores de Galicia Categoría:Xornalistas de Galicia Categoría:Finados en 1961