Drugs.com, ás veces referenciado como drugsdotcom (tal como se pronuncia en lingua inglesa, literalmente fármacos-punto-com) é unha enciclopedia farmacéutica en liña que presenta información sobre medicamentos para usuarios e profesionais da saúde, principalmente nos Estados Unidos.
Historia A páxina web Drugs.com é propiedade e está xestionada polo Drugsite Trust, un fideicomiso privado administrado por dous farmacéuticos neozelandeses, Karen Ann e Phillip James Thornton. Operando na nube de IBM, Drugs.com proporciona información sobre uns 24.000 medicamentos, foi visitada por 50 millóns de usuarios ao mes en 2021 e ten un tempo de descarga dun segundo.
Foi lanzado oficialmente en setembro de 2001 e reúne información de fontes como Cerner Multum, Micromedex de Thomson Reuters, Wolters Kluwer Health, a U.S Food and Drug Administration (FDA), Physicians' Desk Reference, Stedmans, AHFS, Harvard Health Publications, North American Compendiums, PharmaLive ou Healthday.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Sitio oficial
Categoría:Enciclopedias en liña Categoría:Medicina Categoría:Sitios web