Douban.com (chinés simplificado: 豆瓣; pinyin: Dòubàn), inaugurada o 6 de marzo do 2005, é unha base de datos en liña e rede social chinesa que permite aos usuarios rexistrar información e crear contidos relacionados co cinema, os libros, a música, eventos recentes, e actividades realizadas nas cidades da China. O seu nome procede dun hutong do distrito de Chaoyang, en Beijing, onde vivía o seu creador mentres traballaba na páxina.

Nos seus comezos, Douban estaba aberta tanto a usuarios rexistrados como non rexistrados. Para aqueles, a páxina recomendaba libros, películas e música, ademais de funcionar como unha rede social ao estilo de WeChat ou Weibo. Para os non rexistrados, a páxina ofrece valoracións e recensións de obras.

A data de 2021, Douban conta con case 990 millóns de usuarios rexistrados, así como autores e críticos que empregan a web como páxina oficial. A plataforma foi comparada con IMDb, Rotten Tomatoes ou Goodreads.

Controversias Censura Douban é empregada para discutir multitude de problemas sociais, polo que é obxecto da censura do goberno chinés. Douban revisa todo o contido subido á páxina, evitando a publicación de temas polémicos.

Protestas de Tian'anmen No ano 2009, durante o 20 aniversario das protestas da praza Tian'anmen, Douban impuxo unha prohibición sobre certas palabras chave vinculadas co incidente. Moitos usuarios trasladáronse a outras páxinas menos estritas coa censura, en sinal de protesta.

Censura LGBT No 2011, usuarios chineses do colectivo LGBT anunciaron un boicot a Douban pola censura de varios anuncios sobre un festival de cinema LGBT.

The Wandering Earth Douban foi acusado de que moitos dos seus usuarios deron intencionadamente unha estrela a The Wandering Earth, un filme chinés de ciencia ficción de 2019. Os críticos acusaron ademais que algúns usuarios "cambiaron as súas cinco estrelas iniciais por unha estrela" e que a algúns se lles pagou por darlle unha estrela ao filme, o que máis tarde resultou ser falso. O 12 de febreiro de 2019, Douban anunciou oficialmente na súa conta oficial de Sina Weibo de Sina Corp que "o cambio masivo de puntuacións é anormal e non se computará na puntuación total. Para evitar este tipo de incidentes, estamos optimizando con urxencia as funcións do produto".

Notas

Véxase tamén

Categoría:Redes sociais Categoría:China