Hototogisu (en ; en ) é unha revista literaria nipoa especializada en haiku. Fundada no 1897, foi a responsable da moderna popularidade do haiku entre o público xaponés. Na actualidade, é a máis prestixiosa e lonxeva revista sobre este xénero poético.
Historia Hototogisu foi fundada en Matsuyama no 1897 por Yanagihara Kyokudō, quen editou a revista baixo a dirección de Masaoka Shiki (1867-1902). Non tardou en converterse no principal referente da escola literaria de Shiki. Ao ano seguinte, trasladaron as súas oficinas a Tokyo, con Takahama Kyoshi (1874-1959) como novo editor. Ao mesmo tempo, comezaron a incluír tamén tanka e haibun, namentres Shiki publicou os seus shaseibun ("bosquexos do cotián") en prosa. Axiña se estableceu como a principal publicación de haiku da súa época, e a primeira edición toquiota vendeuse toda no primeiro día.
Tras o pasamento de Shiki no 1902, a revista pasou a centrarse na ficción modernista de autores como Natsume Sōseki (1867-1916), mais no 1912 Kyoshi decidiu volver a centrarse no haiku. No 1916, iniciarían unha columna dedicada en exclusivo ás poetas, como Hisajo Sugita (1890-1946).
Kyoshi faleceu no 1959, e foi substituído polo seu fillo, Toshio. A neta de Kyoshi, Teiko Inahata (1931-2022), foi editora entre o 1979 e o 2013. Na actualidade, a revista está nas mans de Kotaro Inahata (1957-).
Autores Dakotsu Iida (1885-1962) Takahama Kyoshi (1874-1959) Takashi Matsumoto (1906-1956) Yaeko Nogami (1885-1985) Itō Sachio (1864-1913) Sokotsu Samukawa (1875-1954) Natsume Sōseki (1867-1916) Masaoka Shiki (1867-1902) Murakami Kijo (1865-1938)
Notas
Categoría:Literatura do Xapón Categoría:Literatura en lingua xaponesa Categoría:Revistas do Xapón Categoría:Revistas literarias