Nostr é un protocolo de rede descentralizado para sistemas de redes sociais distribuídos. O nome é o acrónimo da expresión inglesa "Notes and Other Stuff Transmitted by Relays" (en galego: "Notas e outras cousas transmitidas por relés"). Foi deseñada co obxectivo de fuxir da censura.

A primeira implementación coñecida de Nostr data do 7 de novembro do 2020, e foi creada polo desenvolvedor coñecido como fiatjaf. Esta persoa é considerada como a creadora de Nostr.

Usuarios A data de abril do 2023, a audiencia principal de Nostr eran usuarios de Bitcoin. Jack Dorsey, o cofundador de Twitter, apoia publicamente a plataforma, e chegou a doar uns 250.000 dólares en bitcoin aos desenvolvedores do proxecto.

Notas

Categoría:Redes sociais Categoría:Protocolos de Internet