miniatura|Representación do tlahtoāni Nezahualpitzintli de Texcoco (Codex Ixtlilxochitl, s. XVII). Tlatoani ou TlahtoāniA versión tlatoani é a máis común no uso actual, xa que aparece na meirande parte das fontes históricas en castelán e náhuatl do período colonial. (náhuatl clásico: tlahtoāni; "gobernante, soberano"), plural tlahtohqueh,É común a ortografía tradicional tlatoque, que omite a transcrición do saltillo ou parada glotal, representada pola letra h na literatura académica. é un título empregado historicamente polos soberanos dinásticos dos āltepēmehForma plural do termo altepetl. ou cidades-estado náhuatl do val de México, nos tempos anteriores á conquista. O título de huēyi tlahtoāni ou "gran soberano" foi empregado polos señores da Tripla Alianza Azteca.

Cada altepetl tiña o seu propio tlatoani, que exercía a un tempo as funcións de gobernante, sumo sacerdote e xefe militar. O tlatoani tiña autoridade sobre a terra dos seus dominios, recadaba tributos, controlaba o mercado, xestionaba a actividade dos templos e resolvía disputas legais. Ao ser un título hereditario, adoitaban exercer o seu cargo de por vida. Porén, nalgúns āltepēmeh existía un consello de anciáns nobres que elixían ao tlatoani dunha lista de candidatos.

Etimoloxía O termo tlahtoāni é un nome derivado do verbo tlahtoa, que significa "falar"; xa que logo, tlahtoāni quere dicir "aquel que fala" ou "o que fala". Nas linguas europeas, tense traducido como "rei", "soberano" ou "gobernante".Lockhart (2001): 238. O seu plural é tlahtohqueh, e aparece como raíz en palabras como tlahtohcāyōtl (reino, territorio), tlahtohcātlālli (terreos reais) ou tlahtohcācalli (palacio real).

Outros títulos nobiliarios relacionados son tlahtohcāpilli, dado aos príncipes e nobres máis senlleiros, e cihuātlahtoāni, empregado para referirse a princesas ou consortes.

Tlahtohqueh de Tenochtitlán Houbo once tlahtohqueh na cidade-estado de Tenochtitlán. A partir de Itzcoatl, o tlatoani de Tenochtitlán exerceu tamén como huēyi tlatoani do imperio azteca.

Acamapichtli (r. 1376-1395) Huitzilihuitl (r. 1395-1417) Chimalpopoca (r. 1417-1427) Itzcoatl (r. 1427-1440) Moctezuma I (r. 1440-1469) Axayacatl (r. 1469-1481) Tizoc (r. 1481-1486) Ahuitzotl (r. 1486-1502) Moctezuma II (r. 1502-1520) Cuitláhuac (r. 1520) Cuauhtémoc (r. 1520-1521)

Notas

Véxase tamén Bibliografía Lockhart, J. (2001). Nahuatl as Written: Lessons in Older Written Nahuatl, with Copious Examples and Texts. Stanford: Stanford University Press and UCLA Latin American Studies.

Categoría:Monarquía Categoría:Títulos reais Categoría:Tlatoque Categoría:Lingua náhuatl Categoría:Mesoamérica Categoría:Aztecas