Ángela Rivera Baliño, nada en Betanzos o 12 de marzo de 1888 e finada na mesma vila o 24 de xuño de 1984, foi unha cociñeira galega.

Traxectoria A súa nai e o seu pai, María Valiño e Ángel Rivera, tiveran unha taberna no Fontelo (Santa María de Ois, Coirós), ao pé da estrada N-VI. Xunto co seu marido, Pedro Vázquez Vázquez, creou en 1910 o restaurante La Casilla, situado na Casilla (Brabío), a carón dunha caseta de legoeiros da mesma estrada. A casa de comidas La Casilla era un local humilde cun banco corrido, disposición habitual das tabernas da zona. Alí desenvolveu a receita da tortilla de patacas que aprendera da súa nai. Ao herdar o negocio a súa sobriña (Ángela Fraga Rivera, tamén coñecida co alcume de Angelita), logrou un salto importante no recoñecemento do local e da súa tradición na elaboración de tortilla de patacas ao estilo de Betanzos.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Nados en Betanzos Categoría:Nados en 1888 Categoría:Finados en 1985 Categoría:Cociñeiros de Galicia Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes