Mehmet Ismail Shehu, nado o 10 de xaneiro de 1913 e finado o 18 de decembro de 1981, foi un político comunista albanés que foi o vixésimo terceiro primeiro ministro de Albania de 1954 a 1981.

Traxectoria En 1938 incorporouse ás Brigadas Internacionais en España e loitou como oficial no 4º Batallón da Brigada Garibaldi italiana. Membro do Partido Comunista Español, trasladouse a Francia tras a vitoria de Franco e alí foi internado entre 1939 e 1942. Foi entregado polo goberno de Vichy aos fascistas que o enviaron a Tirana. Deixou a compañía da súa escolta e uniuse aos maquis e ao Partido Comunista de Albania. Comandante da 1ª Brigada do Exército de Liberación Nacional desde 1943, Mehmet Shehu participou na batalla de Gjorm o 1 de xaneiro, na liberación de Tepelena o 10 de setembro e na liberación de Tirana o 8 de novembro de 1944.

Como un recoñecido táctico militar, sen cuxo liderado os partisanos comunistas ben puideron fracasar na causa marxista-leninista, Shehu mostrou unha comprensión ideolóxica e unha ética de traballo que o sinalaron para unha rápida promoción no partido comunista.

Mehmet Shehu compartiu o poder con Enver Hoxha dende o final da segunda guerra mundial. Segundo fontes oficiais do goberno albanés, suicidouse o 18 de decembro de 1981, tras o cal a súa familia foi detida. Con todo, persisten rumores de que Shehu foi asasinado por orde de Hoxha.

Véxase tamén

Historia de Albania

Notas

Categoría:Nados en 1913 Categoría:Finados en 1981 Categoría:Nados en Albania Categoría:Primeiros ministros de Albania