A OU-302 (na provincia de Ourense), é unha estrada da Rede Secundaria da Xunta de Galicia que une as localidades da Ponte Liñares (Bande) e a paraxe de Fonte de Seixo (Calvos de Randín); atravesa os concellos de Bande, Porqueira, Muíños e Calvos de Randín. Ten unha lonxitude de 16,47 quilómetros e iníciase nun cruzamento coa OU-301 na Ponte Liñares (Bande) e finaliza nun cruzamento coa estrada portuguesa M 513 na paraxe de Fonte de Seixo (Calvos de Randín) coa fronteira portuguesa de Tourém do concello de Montalegre (Portugal).

Notas

Categoría:Estradas da rede secundaria de Galicia na provincia de Ourense Categoría:Bande Categoría:Porqueira Categoría:Muíños Categoría:Calvos de Randín