O manifesto de Antealtares foi un pacto asinado o 7 de xuño de 1458 entre os representantes dos concellos de Santiago de Compostela, Noia e Muros. O obxecto da alianza era defender os intereses das vilas ante os ataques da nobreza e do arcebispado de Santiago.
As cidades uníronse para se defenderen de "algunos señores poderosos, en especial, don Rodrigo de Luna, arçobispo de Santiago" O acordo asinado comezaba lembrando os deberes que recoñecía:
As cidades aproveitaron para facerlle fronte que Rodrigo de Luna se encontraba na guerra de Granada (o rei Henrique IV de Castela convocara en 1458 os señores do seu reino para se concentraron en Écija),https://dbe.rah.es/biografias/32133/rodrigo-de-luna co que ao volver este da guerra se encontrou coas portas de Santiago fechadas. O Rei convocou sen éxito as vilas na Cédula do 23 de Agosto de 1458 para solucionar o conflito e chegou a amoestalas en 1460. A revolta non se apagou ate o falecemento de Rodrigo de Luna en xullo de 1460 e a súa substitución por Alonso I de Fonseca.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Categoría:Historia de Galicia Categoría:1458