A OU-406 (na provincia de Ourense), é unha estrada da Rede Secundaria da Xunta de Galicia que une as localidades de Ribadavia e Val de Pereira, ambas no concello de Ribadavia. Ten unha lonxitude de 2,79 quilómetros e iníciase nun cruzamento coa OU-405 en Ribadavia e finaliza nun cruzamento coa A-52 en Val de Pereira (Ribadavia). É un tramo vello da estrada N-120.
Notas
Categoría:Estradas da rede secundaria de Galicia na provincia de Ourense Categoría:Ribadavia