Gonzalo Louzao Dono, nado en Cereixo (A Estrada) o 4 de maio de 1994, é un político galego do PPdeG.
Traxectoria
Graduado en Ciencias Políticas e da Administración na Universidade de Santiago de Compostela e máster en Márketing e Comunicación Política na mesma universidade. Traballou en prácticas ás ordes de Alfonso Rueda cando estaba á fronte da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza no penúltimo mandato de Alberto Núñez Feijóo. Nas eleccións municipais de 2019 foi elixido concelleiro na Estrada polo PPdeG, ocupando o cargo de concelleiro de Urbanismo. Nas municipais de 2023 volveu ser elixido concelleiro e ocupou o cargo de concelleiro de Urbanismo e Medio Rural. Logo da dimisión de José López Campos en abril de 2024 para ser conselleiro de Cultura, foi elixido alcalde da Estrada.
Notas
Véxase tamén Outros artigos
Eleccións municipais na Estrada Ligazóns externas El ‘niño’ que crece en los retos
Categoría:Alcaldes da Estrada Categoría:Alcaldes de Galicia polo PPdeG Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados na Estrada Categoría:Nados en 1994 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela