Alice Maria Recoque ou Alice Maria Arnaud, nada en Cherchell, Alxeria, o 29 de agosto de 1929 e finada en Ballainvilliers, o 28 de xaneiro de 2021, foi unha informática francesa, que destacou no campo da arquitectura de computadoras.

Traxectoria Participou no desenvolvemento do minicomputador CAB500 en 1959, logo foi directora do proxecto do minicomputador Mitra 15, antes de pasar a investigar sobre arquitecturas paralelas e intelixencia artificial. Máis tarde, en 1978, participó na creación da Commission nationale de l'informatique et des libertés (Cnil).

En 2015, o seu perfil na Wikipedia francesa estivo a piques de desaparecer, xa que algúns usuarios opinaban que non tiña suficientes méritos.

Notas

Categoría:Científicos de Francia