Mercedes Rosón Ferreiro, nada en Lugo en 1961, é unha política galega do PSdeG-PSOE.
Traxectoria Foi directora da Área de Cultura do Vicerreitorado de Comunicación, Cultura e Servizos da USC, e responsable da fonoteca universitaria dende finais dos anos oitenta, centrando a súa actividade fundamentalmente nos ámbitos da xestión e produción de música, de exposicións, artes plásticas e xestión do patrimonio histórico-artístico.
Nas eleccións municipais de 2003 deu o salto á política local de Santiago de Compostela da man do entón alcalde Xosé Sánchez Bugallo, formando parte como independente da candidatura do PSdeG-PSOE e resultando elixida concelleira. Dende entón ata o ano 2011 ocupou diversas responsabilidades de goberno, á fronte dos departamentos de Cultura, Rehabilitación e Cidade Histórica, Centros Socioculturais, Urbanismo, Vivenda, e Educación. En 2009 afiliouse ó PSdeG.
Co paso dos socialistas á oposición en 2011, continuou como concelleira e retomou o seu traballo na universidade. En novembro de 2014 presentouse ás primarias para encabezar a candidatura do PSdeG-PSOE en Santiago nas eleccións municipais de 2015, sendo derrotada por Paco Reyes, o que a levou a dimitir como concelleiraMercedes Rosón dimite como concejala en Santiago tras su derrota en las primarias del PSOE. En decembro de 2017 concorreu ás primarias á Secretaría Xeral do PSdeG na provincia da CoruñaFormoso y Rosón presentan sus avales para liderar el PSOE de A Coruña, sendo derrotada polo presidente da deputación Valentín González Formoso.
Nas eleccións municipais de 2019 regresou á política municipal compostelá como número 2 da candidatura do PSdeG-PSOE, encabezada polo ex-alcalde Xosé Sánchez Bugallo. Tralo triunfo electoral da formación, os socialistas volveron ostentar o goberno local e pasou a ser a primeira tenente de alcalde da cidade, asumindo as áreas de Urbanismo, Vivenda, Cidade Histórica e Acción CulturalBugallo consolida a Mercedes Rosón como la número dos de su gobierno. Ao longo do mandato asumiu a maiores as áreas de IgualdadeRosón llevará Igualdade y el PP ve que merman las áreas sin control del alcalde e Centros SocioculturaisEl alcalde de Santiago retira las competencias de los centros socioculturales al edil Javier Fernández, que dimite. Unha das principais actuacións nas súas áreas foi o comezo da implementación de fibra óptica na zona histórica da cidadePrimeros usuarios de fibra óptica en la zona monumental, servizo demandado dende había moitos anos. Logo de perder o PSdeG o goberno local en 2023, continuou como concelleira na oposición.
En 2025 foi expulsada con outros tres edís do PSdeG de Santiago nunha crise interna sen precedentes en Santiago de Compostela que estala en xuño do 2024, logo de rachar a disciplina de partido nunha votación relativa á regulación das vivendas de uso turístico. Rosón, que ocupara as responsabilidades de Urbanismo no mandato inmediatamente interior (2019-2023) aprobara unha modificación do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) para regular a implantación das vivendas turísticas na capital galega e protexer os usos residenciais da vivenda. Será co cambio de goberno, cando o BNG leve a pleno unha ordenanza que completaba a regulación xa impulsada pola propia Rosón. A raíz desta votación, a dirección local encabezada por Aitor Bouza, Marta Santullano ou Pedro Blanco ordenan a abstención a esa regulación para que a medida decaia cos votos en contra do Partido Popular. Mercedes Rosón e o Grupo Municipal Socialista rachan a disciplina de partido e apoian a regulación, abríndose a partir dese momento un proceso de purga política contra a propia Rosón, Gonzalo Muíños, Mila Castro e Marta Álvarez.
En 2026 anunciou a súa intención de concorrer ás eleccións municipais do 2027 cunha candidatura propia independente, de progreso e libre baixo o lema Nós somos máis de Santiago que de partido.
Vida persoal Está casada e ten dúas fillas.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Santiago de Compostela
Ligazóns externas Biografía
Categoría:Concelleiros de Santiago de Compostela
Categoría:Concelleiros de Galicia polo PSdeG-PSOE
Categoría:Concelleiros de Galicia durante a democracia
Categoría:Nados en 1961
Categoría:Nados en Lugo Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela