Dioniso (en grego antigo ∆ιονύσιος Βυζάντιος, en latín Dionysius Byzantinus) foi un xeógrafo da antiga Grecia nado en Bizancio que viviu antes do reinado do emperador Septimio Severo, no século II. É o autor dunha viaxe () polo Mar Negro (De Bospori navigatione), dende Bizancio ata Calcedonia, que se conservou. Traxectoria O chamado Periplo do Bósforo é un breve texto en grego que consta de 112 parágrafos e que se conserva en dous manuscritos, un en París e outro en Londres. Por desgraza, os parágrafos 57 a 95 perdéronse, e só poden ser subministrados grazas á tradución ao latín feita por Gyllius no século XVI a partir do orixinal.

Segundo a Suídas, ademais desta obra xeográfica tamén cultivou a poesía épica, e escribiu unha obra chamada Θρῆνοι ('Lamentacións'), consistente en cantos fúnebres12.Dionysius en: William Smith (editor), A Dictionary of Greek and Roman Biography and Mythology. Vol. I. Boston: Little, Brown & Comp., 1867, p. 1039.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Tradución ao inglés da viaxe do Bósforo

Categoría:Escritores en lingua grega antiga Categoría:Nados no século II Categoría:Nados en Istanbul Categoría:Xeógrafos da Antigüidade