Halldis Moren Vesaas, nada o 18 de novembro de 1907 e finada o 8 de setembro de 1995, foi unha poeta, tradutora e escritora norueguesa especializada en literatura infantil. Está considerada unha das principais escritoras norueguesas da súa xeración.

Traxectoria Vesaas naceu na granxa familiar, preto de Trysil, no condado de Hedmark. O seu pai era o escritor, poeta e dramaturgo Sven Moren (1871-1938). Era a máis vella de cinco irmáns, e a única rapaza. Un dos seus irmáns foi o filólogo Sigmund Moren (1913-1996). Vesaas estudou maxisterio en Elverum entre 1925 e 1928, para logo traballar en Hamar e Oslo. En 1930, mudouse a Suíza, onde foi secretaria durante tres anos. En abril de 1934, casou co novelista noruegués Tarjei Vesaas (1897-1970). Xuntos, trasladáronse a unha granxa en Vinje, condado de Telemark, onde o seu home exerceu o cargo de profesor entre 1941 e 1943.

Faleceu o 8 de setembro de 1995.

Obra En 1929 publicou a súa primeira escolma de poesía, Harpe og dolk ("A arpa e a daga"). Entre os seus libros, destacan Tung tids tale ("Discurso para tempos convulsos"), Treet ("A árbore"), I ein annan skog ("Noutra fraga") e Livshus ("Casa da vida").

Tamén escribiu e traduciu pezas para teatro, especialmente para o Det Norske Teatret de Oslo. Redactou artigos sobre diversos temas, e foi consultora externa de edición. Entre 1949 e 1969, foi membro da xunta do Riksteatret (1949-1969).

A súa escrita ten moita sona en Noruega pola súa valente e persoal expresión da vida das mulleres en tódalas etapas da vida.

Premios

Premio Mads Wiel Nygaards (1977). Comandante da Orde de Santo Olav (1984). Cabaleira da Orde Nacional do Mérito de Francia. Premio Cultural Anders Jahre, xunto con Benny Motzfeldt (1992). O premio Halldis Moren Vesaas é convocado na súa honra.

Publicacións

Poesía

Harpe og dolk ("A arpa e a daga", 1929) Morgonen ("A mañán", 1930) Strender ("As praias", 1933) Lykkelege hender ("As mans felices", 1936) Tung tids tale ("Discurso para tempos convulsos", 1945) Treet ("A árbore", 1947) I ein annan skog ("Noutra fraga", 1955) Livshus ("A casa da vida", 1995)

Literatura infantil

Du får gjera det du (1935) Den grøne hatten (1938) Hildegunn (1942) Tidleg på våren (1949)

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Categoría:Finados en 1995 Categoría:Nados en 1907 Categoría:Escritores en lingua norueguesa Categoría:Escritores de Noruega