A porta do Sol é unha praza situada na cidade de Vigo. Recibe ese nome por estar localizada nunha das sete portas de entrada á antiga cidade amurallada, concretamenta á orientada cara o nacemento do Sol.

A porta do Sol é unha praza peonil, lixeiramente inclinada cara o leste, e que comunica coa praza da Constitución, a praza da Princesa e as rúas Príncipe, Policarpo Sanz, Elduayen, Doutor Cadaval, Segunda República e Carral.

A praza é un lugar icónico da cidade. Foi testemuña de grandes acontecementos de interese que tiveron lugar en Vigo, como a inauguración do alumeado de gas en 1789 ou as sepulturas de Ricardo Mella e Xosé García Barbón. Na praza tamén se proclamou na cidade a Segunda República. É lugar de celebración de actos e concertos. Nela celébrase anualmente o acto de inauguración do alumeado de Nadal.

A porta do Sol é considerada o quilómetro cero da cidade.

Historia miniatura|Plano da cidade en 1856 de Francisco Coello, onde se pode observar a muralla. A porta do Sol recibe dito nome por ser o lugar onde se localizaba unha das sete entradas ou "portas" da cidade, cando esta permanecía amurallada antes do seu derribamento definitivo en 1862. O nome de "porta do Sol" vén da orientación de dita entrada cara o leste, onde nacía o Sol.

O recinto amurallado foi construído no ano 1656 e financiado pola cidadanía viguesa e o rei Filipe IV. A muralla contaba con sete portas de entrada distribuídas por toda a muralla.

Primeira remodelación A finais do século XIX, realizouse unha primeira remodelación coa creación dun novo vial que conectase a porta do Sol co paseo de Afonso sen ter que arrodear a praza da Constitución anexa. Así, esta actuación permitiu converter unha rúa nun conato da praza que é na actualidade. Dita actuación foi liderada polo alcalde que daquela gobernaba a cidade, Manuel Bárcena Franco.

O Sereo

A escultura do Sereo é unha figura antropomorfa do escultor cambadés Francisco Leiro no ano 1991. Eríxese no centro da praza e ten unha altura de 11 metros. O nome que o autor lle puxo a obra é Home Peixe.«"Tempo" de Leiro en el campus» : ""Se llama Sireno porque la gente así lo decidió al verla pero yo no le puse ese nombre sino que le llamé Home Peixe…" É unha escultura que está influenciada polo León de San Marcos de Venecia.

Segunda remodelación Unha segunda remodelación máis contemporánea permitiu a practicamente completa peonalización da praza. Dita actuación aínda está a completarse, e inclúe un túnel que comunica a rúa de Policarpo Sanz con Torrecedeira. miniatura|Edificio Simeón e escultura do Sereo. Edificios singulares Edificio El Moderno Edificio Pardo Labarta Edificio Simeón, un dos principais baluartes do modernismo vigués e influenciado pola arquitectura do francés Gustave Eiffel. O arquitecto do edificio é Michel Pacewicz. O Sereo, escultura do galego Francisco Leiro. Edificio Banco de Vigo, que posteriormente pertenceu ao Banco Pastor e ao Santander. Construído no ano 1923 e deseñado por Manuel Gómez Román.

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos O Sereo Francisco Leiro

Categoría:Prazas de Vigo